Xuño de 2017
 
 

NÚMERO 360 - 05/06/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comisións de servizos. A Xerencia incumpre reiteradamente a normativa

A Xerencia que ven de propoñer á Xunta de Persoal a modificación da Resolución da Xerencia 1/2014, do 9 de xullo de 2014, pola que se ditan instrucións para a cobertura temporal de postos de traballo de PAS funcionario en comisións de servizos, nos termos que a Xunta de Persoal vos achegou, incumpre, cando lle ven en gana, as determinacións que nela se contemplan.

 

  • Noticias relacionadas

Nestes últimos días do mes de maio, á Xerencia non lle causou ningún rubor transgredir, de novo, a normativa en vigor, neste caso no Servizo de Investigación. Unha vez máis prorrogou comisións de servizo que xa cumpriran o tempo máximo de duración, dous anos. Este imperativo recóllese na Resolución desta maneira:
 
“PRIMEIRO.- As comisión de servizo terán una duración máxima dun ano e poderán prorrogarse por outro máis caso de non se ter cuberto o posto con carácter definitivo. No suposto de que, transcorridos dous anos, o posto siga vacante, a persoa funcionaria que o ocupa en comisión de servizos cesará e poderase conceder, conforme aos criterios establecidos nesta resolución, unha nova comisión a outra persoa funcionaria, no caso de que persista a urxente e inaprazable necesidade para a súa cobertura.”
 
Este punto non é máis que a transcrición do Artigo 64 do Real Decreto 364/1995 polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado.
 
Persiste o xerente no incumprimento da regulamentación, a pesares da sentenza 00057/2017 que sustancia o recurso contencioso-administrativo presentado por APA a raíz das prórrogas ilegais ao persoal funcionarizado. Nos FUNDAMENTOS DE DEREITO,  sentenza establece literalmente:
 
TERCEIRO:
“De acuerdo con lo expuesto la Administración no puede mantener de forma perpetua o indefinida dicha situación (comisión de servicios) sino que está obligada a convocar dichos puestos transcurridos el plazo máximo legalmente establecido sin que la comodidad de no convocar nuevos puestos pueda en su caso estar amparado en una potestad de autoorganizacion que cercena los derechos profesionales de las personas que puedan optar a dicho puesto, de ahí que cuando se constata a escasa o débil motivación de la urgencia sin individualizar con carencia de las razones concretas que motiven la falta de cobertura provoca en lógica consecuencia la estimación de la demanda ya que no existe la excepcionalidad que proclama.
 
El recurso debe de ser estimado.”
 
As prórrogas realizadas, á marxe do legalmente establecido, e tendo constancia a Xerencia da súa ilegalidade, son evidencia da súa nula credibilidade á hora de negociar. Esta circunstancia impídenos debater sobre calquera aspecto que modifique a normativa vixente. Mentres que non se restitúa a legalidade non imos negociar nada que altere a Resolución.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript