Xuño de 2017
 
 

NÚMERO 360 - 05/06/2017

   CUTUDC / Novidades

  USC - PAS LABORAL
 

Comité Intercentros da USC. Proposta Modificación RPT

O Comité Intercentros da Universidade de Santiago de Compostela ven de comunicarlle á Xerencia, mediante escrito que reproducimos, que, coa documentación proporcionada na Proposta de Modificación da RPT, non van emitir informe.

 

  • Noticias relacionadas

Escrito do ComitéIntercentros dirixido á Xerencia:
 
En relación á proposta de modificación da RPT recibida da xerencia o pasado 4 de maio, trasládolle o seguinte en nome do comité intercentros logo do debate na reunión do comité do 15 de maio:
 
Este Comité Intercentros decide non emitir informe sobre as modificacións da RPT enviadas por xerencia mentres esta non envíe a memoria da xustificación da amortización de cada unha das prazas afectadas.
 
A amortización dun número tan importante de prazas, varias delas na mesma área, sen a xustificación de por que se propoñen estas e non outras, de que postos van asumir as súas funcións ou se estas se deixan de desenvolver,  non pode ser asumida por este comité.
 
Polo tanto solicitamos coa maior brevidade posible a memoria xustificativa e unha reunión posterior con Xerencia de cara á negociación da mencionada proposta de modificación da RPT.

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript