Xuño de 2017
 
 

NÚMERO 360 - 05/06/2017

   CUTUDC / Novidades

  ANTI PATRIARCADO
 

Sesé somos todas, pola vida e a memoria

Presentamos unha reportaxe sobre o grupo de apoio á familia de Maria José Mateo, Sesé, asasinada o 20 de febreiro deste ano pola súa ex-parella. Amigas, compañeiros de loitas e de vida, xuntáronse desde que acontecera este terríbel crime machista, con tres obxectivos: reconstruír a casa para que poida de novo ser un fogar para seus fillos, denunciar a violencia machista e manter viva a memoria de Sesé, afrontando colectivamente a súa irreparábel perda.

 

  • Noticias relacionadas

Comezaron coas asembleas, venda de bonos e voluntariado para as obras da casa, xestións coas administracións, e este venres darán un paso máis no seu camiño de solidariedade coa convocatoria dun grande concerto en Chapela.
 



Falamos con dez persoas do grupo de apoio, unha experiencia colectiva para loitar contra o silencio e o esquecemento. Dez berros de denuncia contra a violencia machista e o asasinato dunha muller comprometida que viviu amando.
 
Dez voces pola lembranza e a homenaxe, pola igualdade, para vivirmos en liberdade e sen violencia, dez olladas da vida arrebatada a Maria José Mateo, Sesé.
 
Texto completo en: http://www.lahaine.org/video-sese-somos-todas-pola

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript