Xuño de 2017
 
 

NÚMERO 360 - 05/06/2017

   CUTUDC / Novidades

  ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO (OXE)
 

Os contratos de interinos poderán durar máis de tres anos

O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou unha emenda ao proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado (OXE) de 2017 que elimina a limitación da duración dos contratos de interinos na Administración a un máximo de tres anos que recollía o texto inicial do Goberno.

 

  • Noticias relacionadas

Os grupos parlamentarios do PP e do PSOE pactaron modificar a emenda que fora aprobada na Comisión de Orzamentos e que pactada por PP e Cidadáns limitaba os contratos dos interinos a un máximo de tres anos fóra das prazas que se consideraban urxentes ou de sectores prioritarios como a Educación ou a Sanidade.
 
Así, desde agora nas Administracións Públicas só permitirán contratar persoal interino para cubrir prazas urxentes e inaprazables pero en ningún caso, estas contratacións se limitarán no tempo.
 
A partir da entrada en vigor das contas de 2017 "non se poderá proceder á contratación de persoal temporal, así como ao nomeamento de persoal estatutario temporal e de funcionarios interinos excepto en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables", segundo reza o texto aprobado onte no Pleno do Congreso.
 
A emenda saíu adiante por 268 votos favor e 81 abstencións, entre as que se atopaban os deputados de Unidos Podemos. A decisión afectará a toda a administración pública, tanto local como autonómica e a sociedades mercantís, consorcios ou fundacións.
 
Modificación
 
En concreto, a emenda aprobada modifica o apartado dous do artigo 18 do proxecto de lei, que finalmente recolle que "non se poderá proceder á contratación de persoal temporal, así como ao nomeamento de persoal estatutario temporal e de funcionarios interinos excepto en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables".
 
Desta maneira, elimínase do texto orixinal a parte que facía referencia a unha serie de restricións. En concreto, no proxecto inicial apuntábase que só se poderían contratar interinos en "sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais".
 
Tamén se eliminou a parte que recollía que "a duración do contrato ou do nomeamento non poderá ser superior a tres anos, sen que poidan encadearse sucesivos contratos ou nomeamentos coa mesma persoa por un período superior a tres anos, circunstancia esta que haberá de quedar debidamente reflectida no contrato ou nomeamento".
 
La administración al día

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript