Maio de 2017
 
 

NÚMERO 359 - 29/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  STOP REPRESIÓN!
 

Plataforma pola absolución de Oliver, Nerea e Sine

Desde a plataforma pola absolución de Oliver, Nerea e Sine queremos informar de que, a só 3 semanas da súa realización, confirmáronnos a data para o xuízo, que se realizará este próximo 8 de xuño.

 

  • Noticias relacionadas

Como a maioría saberedes, en febreiro do 2014 acudimos en solidariedade cos estudantes a unha manifestación convocada por "Liga estudantil Galega" e "Agir".
 
Unha vez finalizada esta, mentres se lía o comunicado da mesma fronte á sede da Xunta de Galiza en Vigo, chegaron as brutais cargas policiais co fin de disolver unha pacífica concentración, chea de menores de idade, e as posteriores detencións.
 
No medio desa procura duns cabezas de turco cos que aterrorizar aos mozos, vémonos procesados por uns "delitos" entre os que destacan desordes públicas, atentado e lesións. Coa consecuente petición dunha pena de prisión de 6 anos para cada procesado e unha multa de 11500€.
 
Sinalando unha nova aberración e é que un dos procesados non é que non fose detido ese día, senón é que nin tan sequera foi identificado polos corpos represivos.
 
E resaltando que os dous compañeiros, Oliver e Sine, tamén se atopan represaliados no proceso aberto contra A Insurxencia, co que se atopan á espera doutro xuízo onde poderían caerlles dous anos máis de prisión polo simple feito de exercer o seu dereito á liberdade de expresión e formar parte dun colectivo musical.
 
Sen tempo apenas para poder denunciar este atropelo a un dereito tan básico como é o de manifestación, queremos comezar a campaña agradecendo todo o apoio recibido durante estes 3 anos e animando a seguir traballando para facelo chegar a cada recuncho do Estado.
 
Así como a importancia de lembrar a crecente necesidade de practicar a solidariedade activa con cada procesado, a vital importancia da unidade e apoio entre os represaliados.
 
Pois non podemos esquecer que na práctica esta foi a única maneira de frear a súa represión e lograr as xustas absolucións.
 
Fronte á represión a solidariedade é a nosa mellor arma.
 
Pola absolución d@s procesad@s.
 
Defender o ensino público galego non é delito!
 
Pola AMNISTÍA TOTAL!!

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript