Maio de 2017
 
 

NÚMERO 359 - 29/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  ECONOMÍA
 

O salario galego sitúase un 25% por baixo da media da UE, con 1.447 euros por mes

O salario medio ordinario bruto nos 28 países da Unión Europea é, en media, de 1.934 euros mensuais, mentres que a remuneración media galega resulta un 25,2 por cento máis baixa, ao situarse en 1.447 euros ao mes.

 

  • Noticias relacionadas

Así o recolle o V Monitor Anual Adecco sobre salarios, que sinala que, en termos absolutos, a diferenza de Galicia coa media da UE é de 487 euros mensuais, o que supón 5.844 euros por ano.
 
O salario medio de España, pola súa banda, é un 15,4 por cento menor que o europeo (1.636 euros ao mes). Un ano atrás, segundo sinálase no estudo de Adecco, a remuneración media europea era de 1.944 euros por mes (-0,5% interanual).
 
Galcia Hoxe

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript