Maio de 2017
 
 

NÚMERO 359 - 29/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  PROTECCIÓN DE DATOS
 

A AEPD recompila as obrigas que impón o novo Regulamento de Protección de Datos ás Administracións Públicas

A Axencia Española de Protección de Datos publicou dous documentos que conteñen un conxunto de medidas que as Administracións Públicas (AAPP) deberán ter implantadas o 25 de maio de 2018, data na que será aplicable o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD).

 

  • Noticias relacionadas

A Axencia quere fomentar que estas coñezan as implicacións prácticas da nova normativa, de forma que poidan tomar as medidas necesarias para cumprir coas previsións establecidas na mesma, xa que o Regulamento supón unha xestión distinta da que se emprega.
 
As Administracións Públicas actúan como responsables e encargadas de tratamentos de datos persoais no desenvolvemento de moitas das súas actividades, consecuentemente, vanse ver afectadas polas previsións do novo Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) da Unión Europea
 
O documento ‘O impacto do RGPD sobre a actividade das AAPP' sintetiza en 15 puntos os aspectos máis relevantes que deben estar establecidos cando o Regulamento sexa de aplicación. En moitos casos, os efectos da nova normativa van ser os mesmos que para calquera outro responsable ou encargado pero, nalgunhas áreas, existen especificidades que se deben ter en conta polo sector público.
 
A necesidade de identificar con precisión as finalidades e a base xurídica dos tratamentos que realizan, con esixencias adicionais no caso dos datos especialmente protexidos; ofrecer aos cidadáns unha información máis ampla da que actualmente se ofrece e facelo de forma concisa, transparente e cunha linguaxe clara; establecer mecanismos sinxelos para que os cidadáns poidan exercer os seus dereitos; realizar análise de riscos de todos os tratamentos de datos que leven a cabo e revisar as medidas de seguridade establecidas; establecer un rexistro de actividades e designar a un Delegado de Protección de Datos, entre outros puntos, son algúns dos aspectos recolleitos no texto.
 
Neste sentido, o segundo documento está centrado no ‘Delegado de Protección de Datos nas Administracións Públicas'. O Regulamento establece como obrigatoria a designación desta figura no caso de autoridades ou organismos públicos. En consecuencia, a designación dos DPD no ámbito público debería producirse con antelación ao 25 de maio de 2018.
 
A regulación do Delegado de Protección de Datos que establece o Regulamento é válida tanto para entidades privadas como para autoridades e organismos públicos, aínda que hai algún aspecto no que existen disposicións diferenciadas para o sector público e, en todo caso, o perfil do DPD pode presentar particularidades. O documento recolle de maneira sistemática a posición e as funcións do DPD puntualizando os aspectos propios das administracións, ademais de abordar as calidades profesionais que debe ter esta figura. 
 
Ámbolos documentos súmanse aos recursos de axuda que a Axencia xa ten dispoñibles na súa sección específica sobre o Regulamento para axudar ás entidades, tanto públicas como privadas, a adaptarse aos cambios que incorpora e cumprir así coas súas obrigacións.
 
Noticias Jurídicas

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript