NÚMERO 359 - 29/05/2017
CUTUDC / Novidades
O pasado xoves, día 25, na reunión convocada esencialmente para falar da proposta de Oferta de Emprego Público presentada pola Xerencia, centramos o debate no rexeitamento da proposta en base ao requirimento de que todas as prazas da Oferta (21) deben ser de postos base e de que, de ningún xeito, o orzamento derivado da taxa de reposición de 2016, poida ser destinado a sufragar as promocións, minorando o número de prazas da Oferta, tal e como se contempla na proposta da Xerencia.
Sobre a posibilidade
de derivar orzamento da Oferta de Emprego
Público de 2017 para sufragar a promoción
interna hai que comezar sinalando que o
art. 20.4 da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de
orzamentos xerais do Estado para o ano 2016,
establece que:
“Non computarán dentro do límite máximo de
prazas derivado da taxa de reposición de
efectivos aquelas prazas que se convoquen para
a súa provisión mediante procesos de promoción
interna.”
Por outra parte, a promoción interna forma
parte da planificación de recursos humanos, que
é competencia de cada Administración Pública,
neste caso da Universidade, co único requisito
de que exista dispoñibilidade orzamentaria no Capítulo
1.
Artigo 69 do EBEP. Tanto no proceso de negociación, como posteriormente (preguntámolo en múltiples ocasións) aseguróusenos reiteradamente que a universidade tiña o orzamento necesario para afrontar as promocións coa secuencia acordada.
Deste xeito púidose establecer na OEP 2016 unha
promoción que
contemplaba 224 prazas, mentres que só
computaba 4 postos a cubrir mediante a taxa de
reposición do ano 2015, taxa á que non se lle fixo
ningunha redución para compensar
economicamente as promocións.
Máis xustificación para esta circunstancia é
que a RPT órzase ao grupo máis alto a que se
asigna cada posto, polo tanto xa ten que estar
previsto o orzamento necesario para a súa
promoción, neste caso sen mobilidade.
A teor do previsto no
Art. 70 do EBEP, e o que se precisa no
Art. 3 do Real Decreto-lei 20/2011, de 30 de
decembro, de medidas urxentes en materia
orzamentaria, tributaria y financeira para a
corrección do déficit público «refírese a
oferta de emprego público, entendendo por tal o
acceso ás distintas Administracións Públicas do
persoal de novo ingreso», co que dun modo
implícito vén recoñecer que seguen sendo
plenamente válidos os procesos de promoción
interna nas Administracións Públicas, sempre
que, como tamén lembra, calquera promoción
interna conte coas correspondentes
dispoñibilidades orzamentarias do Capítulo I do
orzamento de gastos da Administración de que se
trate.
Sepáranse os dous procesos aínda que a
promoción interna debe ser enumerada na OEP.
Non imos aceptar, de ningún xeito, que se a taxa de reposición determina que son 21 as prazas que teñen que se convocar na Oferta Pública de Emprego,
nin o reitor, nin o xerente mediante artimañas nolas queiran rebaixar.
Por outra parte, dado que non tivemos unha
información veraz das prazas que se tiñan
que contemplar na taxa de reposición dos anos
2014 e 2015, reclamamos que, a universidade, de
oficio, proceda a realizar as correccións
correspondentes nas Ofertas de Emprego dos anos
2015 e 2016.
Unha vez realizado, pola nosa parte, o estudo
das ofertas descubrimos:
Taxa de reposición 2014 serviu de base para
OEP 2015 co 50% das prazas. Computáronse:
721 Conserxe
xubilación UXAI – OZA
142 Aux. servizos
xubilación Elviña 1
594 Administrador/a
xubilación INEF
726 Administrador/a
xubilación Fac. Socioloxía
481 Xef. Neg. AAEE.
xubilación Aparelladores
706 ou 705 Aux. servizos.
xubilación Fac. Informática
358 Xef.sec. ac.inf.
xubilación Serv. Estudantes
342 Esp. Oficios
xubilación INEF
Non se computaron:
359 Xef neg atenc. e promoc. do
estudan Incapacidade permanente Serv.
Estudantes
700 Bibliotecario/a
excedencia Fac. Informática
137 Aux. servizos
excedencia CUR
Na Oferta de Emprego Público de 2016. 100%
da taxa de reposición do ano 2015 Non se
computou:
073 Posto base excedencia Xes.
Financeira Reitoría
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript