Maio de 2017
 
 

NÚMERO 359 - 29/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Persoal funcionarizado. Mochila absorbible ou non

A raíz das promocións en marcha recibimos un número significativo de preguntas sobre si a parte do complemento específico que completa as retribucións que se percibían como persoal laboral, comunmente denominada “mochila” é absorbible ou non. Temos que facer, xa que logo, as seguintes consideracións..

 

  • Noticias relacionadas

 

No acordo de funcionarización sinálase:
 
10ª.- Réxime retributivo e garantías salariais.
“No suposto de que a diferenza entre as retribucións corno funcionario e como persoal laboral fixo fose negativa, en cómputo bruto anual, compensarase mediante un complemento persoal que terá unha dobre natureza:

  1. Non absorbible e actualizable polos conceptos de antigüidade e incremento xeral anual das retribucións dos empregados públicos.

  2. Absorbible por melloras retributivas derivadas de procesos de carreira administrativa de carácter ordinario.”

 
Non obstante o sinalado, no calendario xeral e disposicións complementarias do proceso de funcionarización establécese:
 
“Esta promoción Interna extraordinaria dos funcionarios procedentes dos extintos grupos laborais 4A e 4B exceptuarase do carácter absorbible das melloras retributivas derivadas de procesos de carrelra administrativa de carácter ordinario a que fai referencia o parágrafo b) da estipulación 10ª do Acordo de Funclonarlzaclón do 10 de xullo de 2012”
 
Polo tanto a denominada “mochila” é absorbible coa promoción excepto por unha única vez para os extintos grupos laborais 4A e 4B.
 
Se aínda así tedes algunha dúbida poñédevos en contacto connosco na extensión 1019 ou pasade polo noso local no CUR calquera luns en horario de 19 a 21 h.
 
Para coñecemento de quen o precise estes acordos están "colgados" na páxina da universidade: https://www.udc.es/pas/informacion_laboral/funcionarizacion/index.html?language=gl

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript