Maio de 2017
 
 

NÚMERO 359 - 29/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  LIBERDADES
 

Unha agresión policial a varios xornalistas non atenta contra a liberdade de información

A Audiencia Provincial de Madrid desestima o recurso de varios reporteiros que foron golpeados por axentes antidisturbios tras a protesta de 'Xaque ao Rei' o 29 de marzo de 2014.

 

  • Noticias relacionadas

Os feitos. ocorreron o 29 de marzo de 2014 en Madrid ao acabarse de celebrar a protesta coñecida como “Xaque ao Rey”. Chove moito. A protesta acabou e un grupo de manifestantes e prensa continúa nos arredores do Museo Reina Sofía. A Policía quere dispersar. Prodúcese unha pequena liorta entre varios axentes dos antidisturbios e unha persoa que bota a correr asustado. Os axentes antidisturbios saen tras el para detelo e golpean indiscriminadamente aos xornalistas que documentan a detención. A descrición dos feitos apréciase perfectamente no seguinte vídeo. 
 


 
Os catro reporteiros agredidos denunciaron os feitos ante a Xustiza que, nun primeiro momento, arquivou a denuncia dos xornalistas. Tempo despois a Audiencia Provincial de Madrid reabriu a causa como posible falta de lesións (nin sequera delito) e identificou a un dos antidisturbios. Os reporteiros denunciaron que, ademais, existían indicios de que a agresión dos policías tiñan como obxectivo impedir e dificultar o seu exercicio do dereito á información. 
 
Pois ben, un ano despois da reclamación dos reporteiros, a Audiencia Provincial de Madrid considera que "non existen indicios de que o axente imputado pretendese impedir o exercicio da liberdade informativa dos xornalistas presentes".
 
De feito, o auto argumenta que a situación era moi confusa, os feitos foron moi rápidos e que os policías non podían saber que as persoas golpeadas eran xornalistas, xa que estes non llo fixeron saber. Por todo iso, queda desestimado o recurso dos xornalistas e os axentes non serán xulgados por tratar de impedir o labor informativo dos reporteiros. 
 
O caso lévao a Comisión Legal Sol, que considera que "hai indicios máis que sobrados" de que os policías impediron aos reporteiros o seu labor informativo e que a Audiencia se excedeuse nas súas funcións xa que a estas alturas de procedemento o que hai que determinar é se existen indicios e non "de xulgadora". "Paréceme especialmente grave que utilicen como argumento que os reporteiros non dixesen que eran reporteiros. Non se pode esixir que teñan que aludir á súa condición", sinala a Público o xurista Eric Sanz de Bremond. 
 
Así mesmo, a Comisión Legal Sol fixo público un comunicado no que denuncia que este auto supón unha "limitación clara do exercicio dun dereito fundamental, sen que haxa posibilidade de reparación en vía xudicial" e lembra que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos consolidou ao longo dos anos un extenso marco de protección das liberdades e dereitos informativos. 
 
Denuncia da OSCE
A agresións dos axentes de Policía motivou que a Representante sobre Liberdade de Medios da O.S.C.E. (Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa), Dunja Mijatović, emitise unha nota de prensa, na que manifestou a súa “profunda preocupación á mantenza dos casos de violencia e intimidación por parte da policía cara a xornalistas que cubrían as manifestacións que tiveron lugar en Madrid o pasado sábado 29 de marzo”
 
Paralelamente ás declaracións do devandita representante da O.S.C.E., un informe elaborado pola Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) e a Rede de Medios Comunitarios (ReMC), titulado Retrocesos en materia de liberdade de expresión en España, documenta e pon de manifesto o aumento de agresións a xornalistas por parte da policía.
 
Un único axente imputado
Cabe destacar que só hai un axente policial imputado por estes feitos. A identificación do resto dos axentes, tal e como informa Legal Sol, foi imposible porque (sorpresa) non exhibían o seu número de placa, tal e como marca a lei, e pola nula colaboración dos mandos policiais. 
 
Público

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript