Número 359- 29 de maio de 2017
 
 

UNIVERSIDADE

Proposta de Oferta de Emprego Público. Consideracións

O pasado xoves, día 25, na reunión convocada esencialmente para falar da proposta de Oferta de Emprego Público presentada pola Xerencia, centramos o debate no rexeitamento da proposta en base ao requirimento de que todas as prazas da Oferta (21) deben ser de postos base e de que, de ningún xeito, o orzamento derivado da taxa de reposición de 2016, poida ser destinado a sufragar as promocións, minorando o número de prazas da Oferta, tal e como se contempla na proposta da Xerencia.

 UNIVERSIDADE
    O xoves, a raíz da desaparición da páxina web institucional das referencias ao concurso de traslados, comezamos a recibir consultas sobre a súa situación. Tendo en conta que se informou de que varias seccións sindicais recorremos a convocatoria, estendéronse as dúbidas sobre a súa posible paralización.
 UNIVERSIDADE
    O vindeiro mércores, día 31, realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. Como sempre darémosvos cumprida información no vindeiro boletín. Poñémonos ao voso dispor para que nos sinaledes o que queirades se transmita nas reunións convocadas. Pola nosa parte faremos partícipe á representación da comunidade universitaria de todo o que interesa, preocupa ou reivindica o colectivo de PAS.
 DOG
    No DOG do 19/05/2017 publícase a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.
 PROTECCIÓN DE DATOS
    A Axencia Española de Protección de Datos publicou dous documentos que conteñen un conxunto de medidas que as Administracións Públicas (AAPP) deberán ter implantadas o 25 de maio de 2018, data na que será aplicable o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD).
 ECONOMÍA
    O salario medio ordinario bruto nos 28 países da Unión Europea é, en media, de 1.934 euros mensuais, mentres que a remuneración media galega resulta un 25,2 por cento máis baixa, ao situarse en 1.447 euros ao mes.
 MOVEMENTOS SOCIAIS
    Entre xaneiro e marzo a policía investigou 13 agresións sexuais con penetración en Galicia, fronte aos 5 casos rexistrados no mesmo período de 2016, segundo os datos do Informe de Criminalidade feito público hai uns días polo Ministerio do Interior. O número de violacións denunciadas non deixou de crecer nos últimos cinco anos. En 2015 foron 54 as agresións sexuais con penetración, sete máis que as 47 que se rexistraran en 2014, e moi por riba das 42 de 2012.
ATRACO XIGANTESCO

    O Goberno español mobilizou máis de 350.000 millóns de euros en oito anos para manter á boia un sistema bancario que obtén uns beneficios anuais de máis de 11.000 mentres acumula demandas e reclamacións dos seus clientes por valor de máis de 50.000 en asuntos como –entre outros- as preferentes, a subordinadas, as cláusulas chan e os gastos hipotecarios.

REFUXIAD@S

BRASIL. LOITA CAMPESIÑA

    As autoridades brasileiras dixeron o xoves que estaban a investigar unha redada policial que terminou con 10 activistas mortos na rexión do Amazonas, no máis mortífero conflito por terreos en máis de dúas décadas. Nove homes e unha muller morreron cando a policía chegou o mércores á granxa de Santa Lucía, que un grupo de activistas sen terra onde vivir, que incluía a 150 familias, ocuparan hai dous anos.

• OPINIÓN - Juan Torres López

    Un dos mitos máis estendidos sobre a vida económica é o que afirma que a enorme débeda que se acumula no mundo é consecuencia de que a xente normal e corrente vive por encima das súas posibilidades e de que os partidos de centro-esquerda son moi pródigos cando gobernan, producindo grandes déficits que a aumentan sen cesar.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADE
    Nesta última tempada, primeiro no Consello de Goberno, despois na sesión do Claustro do día 15 deste mes o reitor informou de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) ditara sentenza na que se estimaba, en parte, o recurso contencioso-administrativo interposto pola Universidade contra o reparto do Fondo Estrutural do Plan de Financiamento 2010-2015 e ordenando que a Xunta de Galiza, en cumprimento da sentenza, determine as cantidades que corresponden a cada unha das tres universidades galegas, en función dos parámetros que se recollen no Plan de Financiamento.
 UNIVERSIDADE
    A raíz das promocións en marcha recibimos un número significativo de preguntas sobre si a parte do complemento específico que completa as retribucións que se percibían como persoal laboral, comunmente denominada “mochila” é absorbible ou non. Temos que facer, xa que logo, as seguintes consideracións.
 ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO (OXE)
 STOP REPRESIÓN!
    Desde a plataforma pola absolución de Oliver, Nerea e Sine queremos informar de que, a só 3 semanas da súa realización, confirmáronnos a data para o xuízo, que se realizará este próximo 8 de xuño.
 ECONOMÍA
    A pensión media en Galiza subiu un 2% en maio en relación co mesmo mes do ano anterior, ata 776,42 euros, o que representa un 84,4% sobre a contía media estatal (919,55 euros) e supón a segunda máis baixa do Estado tras Estremadura, segundo os datos que publica este xoves o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
 ECOLOXÍA
    A Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra (APDR) anunciou que emprenderá accións legais "contra calquera posible prórroga a Elnosa" para que continúe utilizando mercurio para producir cloro na súa fábrica de Lourizán máis aló do 11 de decembro deste ano.
 LIBERDADES
    A Audiencia Provincial de Madrid desestima o recurso de varios reporteiros que foron golpeados por axentes antidisturbios tras a protesta de 'Xaque ao Rei' o 29 de marzo de 2014.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Chegou á Mesa pola Normalización Lingüística unha nova queixa con motivo dunha nova deturpación da toponimia galega. Neste caso, foi o Ministerio de Xustiza o que nun dos seus informes refírese á Coruña como “La Coruña”. A deturpación constante da toponimia non se pode consentir en ningún caso e menos por parte dun organismo público que, precisamente por ser o de xustiza, debe ser o primeiro en cumprir escrupulosamente a legalidade.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

 

     
      DÚAS VELOCIDADES ... OU MÁIS

       
        MINIFUNDISMO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          CALENDARIO LABORAL 2017
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript