NÚMERO 359 - 29/05/2017
CUTUDC / Novidades
O Goberno español mobilizou máis de 350.000 millóns de euros en oito anos para manter á boia un sistema bancario que obtén uns beneficios anuais de máis de 11.000 mentres acumula demandas e reclamacións dos seus clientes por valor de máis de 50.000 en asuntos como –entre outros- as preferentes, a subordinadas, as cláusulas chan e os gastos hipotecarios.
Os fondos públicos
mobilizados polo Goberno central desde 2008
para manter á boia o sistema bancario español
ascenden a 383.933 millóns de euros, unha
factura que supera un terzo do valor do PIB
anual, segundo a noticia do
Diario Público que reproducimos, cifra que
aínda podería incrementarse nos próximos anos.
Estamos a falar, polo tanto, dun roubo de
diñeiro público descomunal (de que outra
maneira pode chamarse regalar á banca o
diñeiro de todxs?). Imaxínanse a mellora en
dereitos sociais e laborais da maioría social
que supoñería destinar esa xigantesca cifra a
eses obxectivos? E o peor é que esa débeda,
ilexítima e usureira, seguirá pagándose con
fartura durante as próximas décadas, en
beneficio precisamente dos mesmos a quen se
lles regalou.
Dúas preguntas xorden de inmediato ante esta
situación: Por que non nacionalizar a banca
baixo control social para poñer todos os
recursos ao servizo da maioría da sociedade?
Por que temos que pagar unha débeda ilexítima
e usureira destinada a pagar á banca e que é
outra fonte de negocio para ela?
Kaos. Laboral e Economía
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript