Maio de 2017
 
 

NÚMERO 359 - 29/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  BRASIL. LOITA CAMPESIÑA
 

Investigan asasinato de polo menos 10 militantes sociais en redada policial no Amazonas

As autoridades brasileiras dixeron o xoves que estaban a investigar unha redada policial que terminou con 10 activistas mortos na rexión do Amazonas, no máis mortífero conflito por terreos en máis de dúas décadas. Nove homes e unha muller morreron cando a policía chegou o mércores á granxa de Santa Lucía, que un grupo de activistas sen terra onde vivir, que incluía a 150 familias, ocuparan hai dous anos.

 

  • Noticias relacionadas

Funcionarios de seguridade do estado de Pará dixeron nun comunicado que a policía foi branco de disparos apenas chegou ao lugar. Ningún oficial sufriu feridas durante o enfrontamento. Os líderes dos activistas, en tanto, non estaban inmediatamente dispoñibles para facer comentarios.
 
A policía estatal de Pará afirmou nun comunicado que actuou por orde dun xuíz local para sacar ás familias dos terreos privados e para executar 14 ordes de arresto en relación co asasinato o mes pasado dun garda de seguridade empregado polo dono do rancho.
 
Fiscais federais e estatais dixeron que estaban a investigar os asasinatos, mentres que a policía tamén informou que iniciara unha indagación polas accións dos oficiais.
 
Activistas sen terras comunmente invaden ranchos e granxas na nación máis grande de América Latina, onde existe unha profunda desigualdade na distribución dos terreos. A lei brasileira permite aos activistas sen terra ocupar e, eventualmente, tomar posesión de terreos que consideren que non son utilizados activamente para fins agrícolas.
 
Durante décadas, a loita polas vastas extensións de terra de Brasil deu pé a asasinatos, a miúdo por parte de ricos gandeiros e homes armados contratados polos terratenentes.
 
Insurgente
 
Máis información: Liga dos Camponeses Pobres

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript