NÚMERO 359 - 29/05/2017
CUTUDC / Novidades
O xoves, a raíz da desaparición da páxina web institucional das referencias ao concurso de traslados, comezamos a recibir consultas sobre a súa situación. Tendo en conta que se informou de que varias seccións sindicais recorremos a convocatoria, estendéronse as dúbidas sobre a súa posible paralización.
Na reunión da Xunta de
Persoal co xerente realizada o xoves, día 25,
sinalóuselle a desaparición das referencias ao
concurso da páxina web. Sorprendeuse e dixo que
se restituiría de inmediato. manifestou que non
sabía nada descoñecendo o porque se retirara.
Os recursos de reposición presentados polas
seccións sindicais son de adición, é dicir,
reclámase que se modifique o anexo de prazas e
que se inclúan as vacantes (7) do Servizo de
Informática. Esta circunstancia obrigaría a
realizar a modificación correspondente na
convocatoria e a abrir un novo prazo de
solicitudes.
Desexamos que o equipo de goberno rectifique,
canto antes o faga menos danos provocará. En
todo caso, o retraso no procedemento, se se
produce, será culpa exclusivamente do equipo de
goberno que, pola vía da imposición e sen
xustificación algunha, impide a un importante
número de traballador@s o seu dereito a
participar no concurso.
Nesa reunión realizada o día 25,
preguntámoslle, tamén, sobre o estado dos
recursos, sinalou que, o día 23 pasoullos á
Asesoría Xurídica e que aínda non tiña ningunha
indicación.
O concurso, polo tanto, non está paralizado e
os recursos non o paralizan de xeito
automático.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript