NÚMERO 358 - 22/05/2017
CUTUDC / Novidades
O pasado luns, día 15 de maio realizouse unha reunión do Claustro Universitario no que, ademais de participar nas decisións que competen ao órgano en cuestión, serviu, tamén, de altofalante para que, a comunidade universitaria e a opinión pública en xeral coñezan a situación pola que atravesa o colectivo e as reivindicacións que mantemos neste momento.
Por un lado
abstivémonos na votación do punto 3 .- Memoria
do reitor para o Claustro Universitario 2016,
significando como vos sinalamos o erro que
figuraba no número de PAS que se contemplaba na
dita
Memoria de Xestión 2016. Por outro lado
significamos que durante o ano 2016 o Consello
de Goberno aprobou unha Oferta de Emprego
Público sen ter coñecemento de que na
documentación presentada á Consellería de
Facenda para que lle dera o prace
contiña 6 postos de traballo a amortizar,
este feito que consideramos gravísimo
ocultouse, tamén, á Xunta de Persoal o que pon
de manifesto as manobras do equipo de goberno
incumprindo tódalas normas de transparencia e
bo goberno na actución realizada.
O reitor responde que o número de PAS é unha
foto fixa nun momento determinado do ano 2016 e
que reflicte a información que se lles
proporcionou. Referente á segunda cuestión
sinala que, de ningún xeito, se amortizará
ningún posto e que revisarán a actuación
respecto da transparencia na toma de decisións.
Xa na quenda aberta de intervencións anunciamos
a interposición de recurso á convocatoria de
concurso de traslados por non contemplar, no
Anexo 1, as vacantes do Servizo de Informática
e Comunicacións.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript