NÚMERO 358 - 22/05/2017
CUTUDC / Novidades
Na última reunión da Xunta de Persoal tratamos sobre a posibilidade de recorrer a convocatoria de concurso de traslados publicada no DOG de 17 de abril de 2017. Desde a APA manifestamos a nosa vontade de facer o recurso, de ser posible como órgano de representación. Na situación en que se atopa a agrupación á que representamos, non temos asesoría xurídica propia pola que canalizar este tipo de recursos, solicitamos dos outros sindicatos con representación na Xunta de Persoal que, de ser posible, realizasen o recurso co compromiso de que a representación de APA abonaría a parte económica que lle correspondese.
O único
sindicato que respondeu positivamente foi CCOO,
ao que agradecemos o ofrecemento e
procederemos, con eles, a realizar o recurso. O
procedemento deseñado foi o de presentar, por
separado, cadanseu recurso de reposición para
posteriormente unificalos e canalizar o recurso
contencioso-administrativo a través da asesoría
xurídica de CCOO.
No recurso de reposición, despois de facer as
consideracións e alegacións oportunas
solicitamos que se proceda a modificar o Anexo
1, da convocatoria de concurso de méritos,
incluíndo as prazas vacantes do Servizo de
Informática e Comunicacións.
Temos moi claro, como xa manifestamos en
múltiples ocasións, que, o único xeito de
conseguir facer realidade o corpo único é que
desaparezan as discriminacións e os tratos
diferenciados.
Manterémosvos informad@s
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript