NÚMERO 358 - 22/05/2017
CUTUDC / Novidades
Unha vez máis temos que sinalar un proceder “anormal” da UDC respecto das outras universidades galegas. Cando tanto a USC como a UVigo, procederon con normalidade a seleccionar persoal colaborador nas probas de acceso á universidade para o ano 2017, a UDC, aducindo falta de comunicación da CIUG, opta por nomear ao persoal que quedou na lista de agarda do ano 2016.
Na última reunión da Xunta
de Persoal coa Xerencia sinalamos esta
incongruencia e o noso desacordo coa actuación
institucional ao non se convocar en tempo e
forma o procedemento ao que se puidesen
presentar @s traballador@s que o desexasen
realizándose a selección
do xeito que se fixo
en anos anteriores.
A Xerencia sinala:
A situación deriva da
falta de comunicación da CIUG para a posta en
marcha do mecanismo de selección.
Diante desta
circunstancia, e polo apremio en realizar os
nomeamentos, o xerente adopta a decisión de que
se proceda utilizando a listaxe das persoas que
presentándose á convocatoria do ano anterior
quedaron en “lista de agarda”.
Que asume toda a
responsabilidade da decisión tomada.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript