Maio de 2017
 
 

NÚMERO 358 - 22/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Carlos Martínez
 

Por encima de todo a dignidade e a liberdade sindical ¿Quen arruína os portos?

O PP escudándose na UE e as súas sentenzas privatizadoras, cre que chegou a hora de desmontar as empresas mixtas de estiba e de acabar co emprego estable e controlado nos portos no que á estiba refírese.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

    As grandes empresas e os capitalistas sempre esixiron controlar toda a economía e os resortes económicos en base ao liberalismo totalizador, pero non se privan de vivir a conta dos contratos dos estados, utilizar as súas infraestruturas e servirse dos seus exércitos e policías, que consideran seus –todo é seu- excepto atender ás persoas e respectar os seus dereitos.
     
    Cando algo escapa ao seu enteiro control hai que tomalo e ademais facer ver ao vulgo inculto e vago, que se eles non interveñen e manexan todo, a cuestión vai mal, fracasará e ademais é ruinosa. Esta tendencia coa globalización neoliberal fortaleceuse exponencialmente. Ademais da complicidade dos estados, que lexislan tanto eles como no noso caso a Unión Europea en favor desta usurpación de todo o público.
     
    O novo negocio en Occidente e a Europa UE é desmantelar o que é de todas e todos e entregalo ao lucro privado. A globalización neoliberal propicia o TTIP, TISA, CETA, TTP… Todo o que signifique poder das multinacionais e ademais como posúe todos os medios de comunicación e propaganda soubo transmitir que os delincuentes son as persoas que esixen dereitos, dignidade, salarios e servizo público. Quen pide democracia e igualdade e non quen corrompe, extorsionan ou violentan.
     
    Pois iso estase aplicando aos portos españois e os malos son as e os estibadores portuarios aos que hai que dobregar porqué teñen emprego estable, digno e cobran bos soldos pois son traballadores altamente especializados nun sector estratéxico onde as navieiras e as empresas, os intermediarios gañan mil veces máis, pois móvense inxentes cantidades de diñeiro. Pero claro, os capitalistas si teñen dereito ao beneficio, pero que haxa obreiros especializados cun salario decente é un privilexio que hai que liquidar.
     
    O PP como partido conservador e case tan ultra liberal como Cidadáns ou como o PdCat (CiU), leva anos tratando de privatizalo todo, incluídos os portos que por certo son unhas infraestruturas moi caras e que esixen constantes obras de reparación e ampliación que sendo pagas por todos, desexan entregar a empresas privadas multinacionais. O PP escudándose na UE e as súas sentenzas privatizadoras, cre que chegou a hora de desmontar as empresas mixtas de estiba e de acabar co emprego estable e controlado nos portos no que á estiba se refire. Detrás desta operación asoman os bigotes do banco dos EE.UU J.P Morgan e empresas chinesas entre outras, pero son estes fundamentalmente os que están a premer para facerse co control, o cal de paso pode acabar con empresas estibadoras españolas que levan moitos lustros traballando nos portos, co que os empregos que perigan poden verse aumentados.
     
    Tras a anterior derrota do Goberno, agora o PP negociou, con outros grupos burgueses do hemiciclo ao obxecto de poder impoñer un decreto, que con todo, non negociou cos interesados.
     
    Pero claro, sendo o Parlamento o representante da soberanía popular, este, non o é todo, nin impide que os traballadores afectados acolléndose a principios legais e lexítimos como os acordos e convenios da OIT, a liberdade sindical e o dereito de folga, poidan defender os seus intereses. Pero de paso os de toda a clase traballadora do estado español.
     
    Os principais problemas que afectan á clase obreira son o falta emprego, a precariedade, o salario e o empobrecemento. Os e as estibadoras portuarias, son desprestixiadas e perseguidas porque teñen emprego estable, salario decente e non son precarios. Pois ben agora quéreselles facer depender de persoais empresariais privados, tamén das ETTs e instalalos na precariedade. Todo iso constituíndose eles tamén nunha ETT.
     
    Se van á folga e pouco camiño diferente queda, todas e todos debemos estar con eles, pois defenderán un espazo non precario e iso pódenos vir moi ben ao resto. Pero ademais enfrontaranse ao goberno autoritario, corrupto e indecente do PP que quere regalar ou “vender” os nosos portos a outras multinacionais. Defender o público, é en calquera caso obrigación de todas.
     
    Os portos españois nestes anos non só non foron cara atrás, senón que incrementaron a tonelaxe que manexan e non son en absoluto deficitarios. Daquela a resposta ao que ocorre realmente é moi opaca, como todo faio o Partido Popular.
     
    Tamén aproveito para recomendar aos estibadores e os seus sindicatos, que non o fíen todo a sentenzas e a xogos parlamentares. Que non se deixen secuestrar por movementos nos escanos, senón a confiar neles mesmos, a súa forza e a necesaria solidariedade de clase que habemos de promover todas persoas que creamos na xustiza e na res-pública.
     
    Carlos Martínez. Politólogo e ex portuario
     
    Kaosenlared

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript