NÚMERO 358 - 22/05/2017
CUTUDC / Novidades
Velaiquí a planificación dos percorridos que faremos a Columna Galega o 27M polas rúas de Madrid. A NOSA “RUADA POLA CAPITAL” para reclamar, e facernos escoitar en Galego: PAN, TRABALLO, TEITO E IGUALDADE.
A chegada prevista
no tren Galego da Dignidade a Chamartin é as
13;45h. Faremos un transbordo programado a un
tren de proximidade que nos deixará na estación
de Novos Ministerios entre as 14:00 e as 14;15
con tempo dabondo para comer o bocata e lecer
un pedazo.
En Novos Ministerios as 15:00h. , xunto con
todas as galegas e galegos que xa están ou se
acheguen ese día a Madrid, sumarémonos como
Columna Galega ás columnas de Asturies,
Cantabria, Euskadi, Navarra e Castela-León para
conformar o que se denominará por acordo do
grupo de organización BLOQUE SOLIDARIEDADE
para facer o seguinte percorrido.
O resto de Bloques cos que texeremos un
manto de Dignidade polas rúas de Madrid serán:
ANDALUCIA.....Saída de Orcasitas as
12:00
conformará o BLOQUE UNIDADE
CATALUNYA-LEVANTE.... Saída de Vallekas
(Pza Roxa) as 12:00h.
formarán o BLOQUE LIBERDADE
EXTREMADURA-CASTELA A MANCHA...Saída de
Alulche as 14:00h.
formará o BLOQUE IGUALDADE
BLOQUE SINDICAL: saída da rúa Alcalá as
16:00
BLOQUE PENSIONISTAS E MEMORIA saída da
Pta do Sol as 16:00
Dende distintos puntos estratexicamente
organizados confluiremos en torno ás 17:00h na
Praza de Neptuno para iniciar o percorrido da
manifestación:
NEPTUNO-GRAN VÍA.
A manifestación ten prevista a saída as 17:00
da Praza de Neptuno para rematar no final da
Gran vía, cara as 19:30 onde estará o escenario
e celebraremos o acto de peche.
Para o retorno no tren, fixamos o punto de
encontro na estación de Chamartin as 21.00
horas que ten prevista a saída ás 22:00h.
Este é o mapa do percorrido da MANIFESTACIÓN do
27M NEPTUNO-GRAN VÍA.
O sábado 27 de Maio,
volvemos a Madrid - As Marchas da Dignidade de
Ferrrolterra organizan a viaxe - Autobus
Ferrol-Madrid-Ferrol - Pan, Traballo, Teito e
Igualdade
As Marchas da Dignidade Ferrolterra,
acordamos organizar a viaxe a Madrid,
para a grande mobilización do 27 de Maio,
para encher de dignidade e rebeldía a capital
do Estado. Columnas de diferentes lugares
chegaremos a Madrid. A Columna Galega
encontraremos-nos en Madrid con outras columnas
das diferentes nacións e pobos do Estado.
Da Galiza, partirá o
Tren da Dignidade, desde Coruña que se
unirá a outro en Ourense nun só comboio camiño
de Madrid. Desde Ferrol tamén partirá
un autobús. Este sairía a mañá do mesmo
sábado 27 de maio ás 6:30hs, desde o Monumento
10 de Marzo, á Solidariedade Obreira (No barrio
de Recimil), pasando por Caranza, Fene e
Cabanas. O prezo será de 35 euros
(Ida/Volta). A data tope para apuntarse é o
mércores 24 de maio, ás 7 da tarde.
Quen queira facer unha contribución
voluntaria para apoiar a viaxe, pode
face-la, dirixindo-se a calquera compañeira ou
compañeiro ou escribindo unha mensaxe.
Para apuntar-se
Enviar mensaxe a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
Ou chamar por teléfono ao 645158113.
Quen poida e queira ir no tren, ten que facé-lo
antes do sábado día 20 de maio e chamar ao
teláfono 654 629 190 ou 696 903 890
Ou escreber no formulario de reserva "on-line":
https://goo.gl/forms/twgTLf6f4VvCPlZ43
--
MANIFESTACIÓN EN MADRID 27 DE MAIO ÁS 5 DA
TARDE NEPTUNO-GRANVÍA.
Moi Importante: Información sobre os
percorridos da Columna Galega polas rúas de
Madrid o 27 de Maio. |
Ir á Web.
Manifesto Unitario |
Ir á Web.
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
Correo-e:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/
|
Blogue do Plan Comarcal de Choque contra o
Paro, polo Emprego e a Renda Básica:
http://asmarchaspoloemprego.blogspot.com.es/
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É
HORA!!!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript