Maio de 2017
 
 

NÚMERO 358 - 22/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

Sen cambios profundos a sanidade pública podería derrubarse

A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública realizou un chamamento público, poñendo o foco de atención sobre os cambios máis urxentes que require este servizo esencial para reverter a súa grave e continuada deterioración.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

    "A Sanidade Pública sufriu desde 2009 un proceso continuado de recortes, deterioración, desmantelamento e privatización  -lembran desde esta federación de asociacións- que afectou a todas as Comunidades Autónomas, aínda que cunha intensidade variable O resultado do mesmo é un empeoramento significativo do funcionamento do mellor sistema sanitario que tivo este país".
     
    Nesta situación, a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública advirte que resulta urxente cambiar esta política, para o que consideran prioritario:
     
    1.         Acabar cos recortes recuperando cando menos os orzamentos sanitarios de 2009 e establecer unha fórmula máis equitativa de financiamento sanitario na liña dun financiamento finalista.
     
    2.         Recuperar os fondos de cohesión sanitaria e elaborar un Plan Integrado de Saúde para asegurar a equidade, coherencia e coordinación do Sistema Nacional de Saúde.
     
    3.         Derrogar o RDL 16/2012 para acabar coas exclusións e avalar a universalidade do dereito á atención sanitaria.
     
    4.         Recuperar o emprego perdido no sistema sanitario público comprometéndose coa utilización intensiva dos recursos da Sanidade Pública.
     
    5.         Paralizar os procesos de privatización sanitaria e recuperar os centros privatizados.
     
    6.         Control do gasto farmacéutico priorizando o dereito das persoas ao acceso aos medicamentos por diante dos beneficios empresariais da industria.
     
    7.         Poñer en funcionamento sistemas eficaces de participación social e profesional en todo o sistema sanitario público.
     
       "Algunhas destas medidas - conclúen desde a Federación - dependen directamente do Goberno central, outras das CCAA e outras de ambos, en todo caso entendemos que é o momento de apostar seriamente pola Sanidade Pública porque diso depende a saúde da poboación".
     
    Canarias Semanal

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript