Maio de 2017
 
 

NÚMERO 358 - 22/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDAE
 

Seguridade informática e ransomware WannaCry

Internet abriu sen ningunha dúbida todo un mundo de posibilidades para comunicarse e obter información. Con todo, tamén entraña riscos e perigos como os ciberataques, que cada día son máis fáciles de facer e, mesmo, a gran escala, como pasou nestes días. A pesar diso, o usuario pode adoptar unha serie de consellos para tentar que estes ataques na rede non o afecten ou no caso de que iso suceda, teña as menos repercusións posibles.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

     

  • Unha gran cantidade de ataques do tipo que se produciu nestes días suceden por vulnerabilidades do sistema operativo. A primeira medida que se debe adoptar, polo tanto, é a de ter o sistema operativo ao día, actualizándoo segundo as indicacións do fabricante.

  • Outra medida esencial é a de ter instalado no ordenador un antivirus que nos proporcione certa seguridade, nunca é total, á hora de “navegar” polo ciberespacio. O antivirus tamén debe estar actualizado. Temos que recordarvos que @s traballador@s da universidade estamos autorizad@s para instalar nos ordenadores persoais o antivirus que a universidade licenciou con esta finalidade. O antivirus podédelo descargar e ver o procedemento de instalación desde esta páxina.

  • Tendo en conta que sempre ou case sempre, poderemos recuperar tanto o sistema operativo como os programas instalados, debemos facer copia de seguridade dos arquivos que consideremos importantes.

  • Outra norma básica é a de non abrir correos electrónicos de orixe descoñecida e moito menos seguir as instrucións ou ligazóns que neles se inclúan.

 

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript