NÚMERO 358 - 22/05/2017
CUTUDC / Novidades
A decisión do BNG de absterse no Parlamento galego na iniciativa do PP para "adaptar" Reganosa ao subministro de gas licuado é mostra dunha absoluta incompetencia da que o seu ou a súa responsable debería dar explicacións públicas.
Sobre Reganosa pesan
catro sentenzas xudiciais [1] que impedirían
que esta planta seguise aberta se non é grazas
a absolucións políticas como a que adoptou en
2016 un goberno do PP en funcións que lle
facilitou os trámites e a eximiu de cumprir coa
legalidade [2]. É por tanto obvio que non se
pode modernizar o que é ilegal do mesmo modo
que non lle podo dar unha altura máis á miña
casa se non teño permiso para construír. Se
ademais censuramos as axudas políticas que
permiten o funcionamento e ubicación de ENCE
debemos facer o mesmo con Reganosa por moito
que o actual goberno mugardés se afeite cara
arriba. E se alguén no BNG quere manter
posicionamentos mornos respecto de problemas
estruturais desta cidade é libre de facelo pero
non contará coa complicidade do BNG de Ferrol.
Publicado no xornal comarcal
Diario de Ferrol | 16 de Maio de 2017
[*]
Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976,
é arquitecto de profesión, concelleiro e
portavoz do grupo municipal do
BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012, na
anterior etapa e na actualidade. Foi candidato
á Alcaldía polo
BNG - Asembleas Abertas, para as eleccións
locais do 24 de maio deste 2015. Ten conta no
facebook:
https://www.facebook.com/ivan.rivasrico .
---
Notas (De Ártabra 21).-
[1] Sentenzas | Perante o pasado ano
2016, ditaron-se
tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo,
e xa en 2012 houbera
outra sentenza da mesma instancia xudicial
superior. A
Terceira Sentenza firme contra Reganosa
anulou a autorización para a construción da
planta regasificadora en Mugardos, encostada ao
complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal
del Atlántico e
Imegasa). E unha
cuarta sentenza a favor do movemento
opositor a Reganosa, anulara o Plan de
Emerxencias Exterior da planta de gas.
[2] Exención do Goberno Español |
Despois de declarada ilegal Reganosa, polas
sentenzas firmes do tribunal supremo, polo
entón goberno en funcións do estado
(27.05.2016), resolveu
eximir a planta de gas de someterse á
avaliación ambiental e concedeu-lle a
autorización de funcionamento, nun intento
de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo
isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta
de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos
(Hoxe cesado por unha moción de censura). O
movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio
político, decidiu recorrer as resolucións
gobernamentais sinaladas.
Ártabra 21
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript