Maio de 2017
 
 

NÚMERO 357 - 15/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Isaac Rosa
 

O Banko de España

Sempre pensei que houbo un malentendido coa foto icónica de Rodrigo Rato tocando a campaíña na saída a Bolsa de Bankia: criamos que era un xesto festivo, e en realidade era un toque de alarma. Como nos pobos, cando hai un incendio e dobran as campás para avisar á xente, Rato daba o campanazo para que todo o mundo se puxese a cuberto unha vez soltado o banco á súa sorte. "Sálvese quen poida!".

 

  • Noticias relacionadas

 

 

     Pero os pequenos investidores non o fuxiron, creron que era unha campá festiva e acudiron a comprar, convencidos de que aquilo era un bo negocio: como non ía selo, se o avalaba o Goberno, validábano os supervisores, comprábano con gusto os investidores institucionais, e voceábano os directores de oficina, en tempos en que os clientes aínda nos fiabamos deles a cegas. Un bo negocio, e unha ganga, pois Bankia rebaixou o prezo da acción un 60% xusto antes de saír.
     
    "Faite bankeiro", anunciaba alegre a campaña publicitaria, e 300.000 pequenos investidores convertéronse en "bankeiros". Desde entón, "bankeiro" quedou na linguaxe popular como sinónimo de pringao, primo, o que paga o pato da festa dos banqueiros sen k. Así foi: nada máis tocar a campá empezou a afundirse o banco e o valor da acción, ata acabar no rescate un ano despois. Como tocou nacionalizar Bankia, acabamos sendo todos "bankeiros", pagando tanto o rescate como a devolución do diñeiro aos accionistas estafados.
     
    Quen ía pensar que aquela saída a Bolsa era un bluf, que as súas contas estaban maquilladas, os seus activos sobrevalorados e as súas carteiras podrecidas de ladrillo tóxico… Pois se repasan a prensa daquel 2011, hai centos de artigos que poñían en dúbida que Bankia valese o que dicía. Eu mesmo publiquei un o mesmo día do campanazo, avisando de que se tardaba dous días máis, non colocarían as accións nin regaladas. E non o lembro agora para presumir de listo, ao contrario: se eu, que son un analfabeto financeiro, vía que o rei bancario estaba espido, que non verían os expertos, e que non saberían os supervisores do Banco de España ou a CNMV.
     
    Pero agora vai o xuíz e di que non, que os supervisores non se decataron da trampa. Vese que o gobernador do Banco de España conformouse con ler o folleto de oferta de accións, que presumía de "moi saudable solvencia" e "prometedores beneficios". Como ía pensar o Banco de España que aquilo era publicidade enganosa (como denunciou 15MpaRato; cóntano no moi interesante "Votar e cobrar"). Tan crédulo era o supervisor bancario que desatendeu aos seus propios inspectores.
     
    Criamos que o Banco de España se dedicaba a esas cousas, a supervisar, revisar contas e vixiar que os bancos non nola colen. E resulta que non, que o Banco de España era tan incauto como os pequenos accionistas. Outro pringao, vaia, outro "bankero".
     
    Zona Crítica

     

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript