Maio de 2017
 
 

NÚMERO 357 - 15/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL - NARCOESTADO MEXICANO
 

Un vídeo mostra a militares executando a civil no estado mexicano de Puebla

A forma en que sucederon os feitos en Palmaritos lembra casos como Tlatlaya, Ayotzinapa e Ostula. Unha mostra da impunidade do Exército e a militarización do país. O mércores, 3 de maio, o exército mexicano entrou no municipio de Palmarito, no estado de Puebla, para supostamente combater o roubo de petróleo, nun oleoduto de PEMEX. A entrada do exército en escena xerou máis dunha decena de mortos, 13 desaparicións e tiroteo a civís de Palmarito.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

    Logo da intervención das forzas armadas coñeceuse un vídeo onde se pode observar como un convoi de militares embosca a un grupo de persoas que supostamente roubaban petróleo nos oleodutos de PEMEX. O vídeo que mostra, como logo de cribar o vehículo onde estes se transportaban, executan a un deles (desarmado, sometido xa no chan) cun "tiro de graza" na cabeza, volveu a cuestionarse unha vez máis o xeito de actuar do Exército e a militarización no país.
     
    A forma en que sucederon os feitos a noite do 3 de maio en Palmaritos, Pouebla, lembra ao caso Tlatlaya e súmase á pantasma de Villas de Salvácar, Ayotzinapa e Ostula, onde o Exército está involucrado en denuncias por execucións extraxudiciais, así como en crimes como desaparición forzada e violencia sexual.
     
    Despois de todos eses casos o Exército continúa actuando con total impunidade, co pleno aval do Goberno Federal, quen se beneficia a conta da militarización contra a vida e a liberdade de miles de persoas e cuxa resposta ao reclamo da poboación de Palmarito foi o envío de 2 mil militares máis, coa complicidade do gobernador do estado membro do PAN, Antonio Gali.
     


     
    Pódeche interesar: Como usa o goberno o roubo de ductos para xustificar a militarización
     
    Mentres a poboación esixe xustiza, a Fiscalía Xeral do Estado (FGE) de Puebla anunciou por medio da súa conta de Twitter que procesará polo menos a nove persoas pola súa suposta participación nos feitos do 3 de maio.
     
    Ademais, informou do nome de polo menos catro detidos que son acusados de homicidio cualificado, homicidio en grao de tentativa agravado e delitos en contra de servidores públicos. Outros tres serán procesados por portar arma de fogo mentres outros dous enfrontan cargos por portar arma e de proxectís útiles.
     
    A FGE buscou lavarse as mans turnando o caso a autoridades federais, debido a que se atopan implicados elementos do Exército.
     
    A violencia de Estado coa militarización xerou verdadeiros masacres no país Norteamericano: o caso de Ayotzinapa e a desaparición dos 43 no que está implicado o Batallón 27 é o máis visible.
     
    IzquierdaDiario

     

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript