Número 357- 15 de maio de 2017
 
 

UNIVERSIDADE

Oferta de Emprego Público

Non hai lugar para o descanso, aínda non rematamos co chanchullo do concurso de traslados e xa comezamos a guerra da Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2017. Non temos acougo pero tampouco temos tempo para o desánimo. Coas mesmas forzas que defendemos que todas as prazas vacantes teñen que aparecer no concurso de traslados, reivindicaremos que todas as prazas da OEP a quenda libre teñen que ser de postos base.

 UNIVERSIDADE
    Cada vez temos máis claro que reitor-xerente xogan co orzamento para limitar as prazas que na Oferta de Emprego Público poden saír a convocatoria libre. Por un lado limitan a valoración económica dos postos que quedaron vacantes no ano 2016. Por outro lado computa o orzamento total das prazas susceptibles de se ocupar por promoción interna, pero sen posibilidade de retorno do orzamento non utilizado.
 USC - PAS FUNCIONARIO
    Segundo nos informan @s compañeir@s da USC, o pasado día 4 a Xerencia transmitíu á Xunta de Persoal unha proposta de modificación da RPT, coa memoria correspondente e a reorganización de Servicios, Unidades de Apoio á Xestión de Centros e Departamentos (UAXCD), Centro de Posgrao e Centro de Estudos Avanzados, na proposta contémplase a amortización de 48 prazas das que 15 son de persoal funcionario.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS_COIA!
    Cadernos para saber máis e debater mellor. Este é o lema do suplemento deBullando recollido en Irimia, a revista quincenal de crentes galegos. O caderno nº4 que saíu do prelo neste mes de maio está dedicado á Renda Básica das iguais. Aquí tedes o monográfico sobre a Renda Básica das iguais escrito polo compañeiro de Baladre, Manolo Saez Bayona.
 PLATAFORMA DE AFECTADAS POLA HIPOTECA
    Acábase de aprobar o Real Decreto 5/2017 que modifica o Real Decreto 6/2012 (Coñecido como Código de Boas Practicas) e a Lei 1/2013 que decretou unha tímida moratoria de 2 anos para algúns casos de desafiuzamento.
 QUEREMOS GALEGO!
    Como todos os anos, precisamos da túa colaboración para a distribución e venda de materiais da Mesa ou de Queremos Galego que axuden a financiar os gastos da organización, ou para participares no servizo de orde. Para axudares só tes que enviar un correo electrónico a: amesa@amesa.gal indicando os teus datos de contacto. Unha vez que teñamos as tarefas distribuídas porémonos en contacto contigo.
A UNIVERSITAT DE BARCELONA EN LOITA

    A mobilización do pasado 4 de maio, que reuniu a membros de todos os colectivos e escalas laborais de traballadoras da UB, serviu para compartir as situacións que se están vivindo en diferentes departamentos e facultades, e para acordar de xeito asembleario as reivindicacións que queriamos transmitir ao reitorado. Concluíu ao día seguinte, despois de que algúns destes traballadores pasasen a noite no mesmo Edificio Histórico en sinal de protesta. Ao día seguinte, venres 5 de maio, acudimos á reunión convocada pola Vicerreitora de Persoal Docente e Investigador, a Dra. Mercè Pallàs. Resumimos a continuación como se desenvolveu esta reunión e en que situación nos atopamos.

INTERNACIONAL - NARCOESTADO MEXICANO

    A forma en que sucederon os feitos en Palmaritos lembra casos como Tlatlaya, Ayotzinapa e Ostula. Unha mostra da impunidade do Exército e a militarización do país. O mércores, 3 de maio, o exército mexicano entrou no municipio de Palmarito, no estado de Puebla, para supostamente combater o roubo de petróleo, nun oleoduto de PEMEX. A entrada do exército en escena xerou máis dunha decena de mortos, 13 desaparicións e tiroteo a civís de Palmarito.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Sempre pensei que houbo un malentendido coa foto icónica de Rodrigo Rato tocando a campaíña na saída a Bolsa de Bankia: criamos que era un xesto festivo, e en realidade era un toque de alarma. Como nos pobos, cando hai un incendio e dobran as campás para avisar á xente, Rato daba o campanazo para que todo o mundo se puxese a cuberto unha vez soltado o banco á súa sorte. "Sálvese quen poida!".

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADE
    Este luns, día 15 de maio, está convocada unha sesión ordinaria do Claustro Universitario, a primeira das dúas que obrigatoriamente se teñen que convocar ao ano. Esta reunión, coa seguinte Orde do Día, ten como obxectivo esencial, a avaliación da “Memoria do reitor para o Claustro Universitario 2016” outro dos obxectivos da sesión é o da renovación da representación nos órganos correspondentes, Mesa do Claustro, Comisión Electoral Central, Consello de Goberno, dos sectores que cada dous anos están obrigados a facelo.
 MARCHA MUNDIAL MULLERES GALIZA
    Ante un novo golpe do machismo voltamos saír ás rúas do noso país. O pasado domingo un maltratador asasinaba ao seu fillo de 11 anos para danar á nai, tras denuncias, ordes de afastamento e peticións de amparo a xustiza fixo ouvidos xordos e hoxe hai unha vítima máis do machismo. Estamos máis que FARTAS da violencia e de quen a ampara por acción ou omisión. BASTA XA!
 ALERTA CIBERATAQUE
    O Centro Criptológico Nacional emite unha alerta que chega logo de que saltase a alarma na sede de Telefónica en Madrid, onde se descubriu que a rede interna da operadora se viu comprometida por un ataque cun virus informático. Os nomes de empresas como Inditex ou Fenosa tamén saíron como posibles afectadas.
 ANTIIMPERIALISMO - ANTIMILITARISMO
    Forzas militares de EE.UU. lanzaron decenas de mísiles cruceiro contra un aeródromo en Siria, no que supón o primeiro ataque directo estadounidense contra o Goberno do presidente Bashar ao-Asad desde que comezou a guerra civil nese país árabe.
 LOITA ESTUDANTIL
    Un continxente de 300 antidisturbios dos Mossos desaloxan máis de 200 estudantes que querían acampar fronte á sede da Secretaría de Universidades e Investigación en Barcelona
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A curta pretende impulsar a ILP polos dereitos lingüísticos na economía. A campaña Cárgate de sentido común dá un paso máis e presenta unha curta onde se mostra a problemática do uso do galego na sociedade actual
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

 
 

     

       
        QUERÉMOLO FÓRA

         
          UN BO POLO

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            CALENDARIO LABORAL 2017
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript