NÚMERO 357 - 15/05/2017
CUTUDC / Novidades
Cadernos para saber máis e debater mellor. Este é o lema do suplemento deBullando recollido en Irimia, a revista quincenal de crentes galegos. O caderno nº4 que saíu do prelo neste mes de maio está dedicado á Renda Básica das iguais. Aquí tedes o monográfico sobre a Renda Básica das iguais escrito polo compañeiro de Baladre, Manolo Saez Bayona.
Renda Básica das
iguais: construíndo comunidade para desbordar o
capitalismo
Desde onde partimos?
Foi en 1984, na cidade de Gasteiz, onde a
Asemblea de Paradas desa cidade, tras tres
meses de peche na Igrexa de San Miguel (de
novembro a febreiro), decide saír daquela loita
polos dereitos máis básicos e elementais,
propoñendo o Ingreso Social Universal, que máis
adiante se foi denominando Renda Básica. Esa
Asemblea de xente desempregada sacaba do
armario unha ferramenta para loitar contra a
riqueza e as súas consecuencias, o
empobrecemento, entre outras. Pero colocaba no
centro das súas loitas e buscas a PERSOA.
Facíano tras estudar textos de colectivos
feministas alemáns, do movemento
antimilitarista, de Ramón Fernández Durán,
libriños como Del paro al Ocio e moitos máis de
André Gorz ou doutros. Lecturas e debates que
acompañaban unha práctica diaria de loita e
vida, esixindo o acceso aos recursos básicos
para poder manter e reproducir a súa vida.
Foi o resultado de comprender os límites do
absurdo crecemento económico e o
desenvolvemento sen límites; de propor o peche
de fábricas e industrias socialmente inútiles e
indesexables, como as de armas e outras
moitísimas, ata chegar a entender a importancia
de soster a vida desde o traballo, a relación
humana, a comunidade e o apoio mutuo, e non
desde o emprego.
Os oitenta foron os anos do peche masivo de
empresas no Estado español, a demanda da que se
chamaría máis adiante (1992, tralo Tratado de
Maastricht) Unión RENDA BÁSICA DAS IGUAIS:
construíndo comunidade para desbordar o
capitalismo Europea: case tres millóns de
empregos se perderon naqueles anos, que nunca
máis regresaron, nin se esperan. Pouco a pouco,
a realidade da precariedade laboral e a
desprotección social impostas pola Unión
Europea foron xerando maior desigualdade
social: as persoas ricas son cada vez máis
ricas e as empobrecidas somos máis. Os barrios
periféricos convértense en depósitos humanos de
NON vida. O medio rural abandónase, pasando a
ser un lugar de descanso e goce da xente da
cidade. A agroindustria faise co mercado dos
alimentos, rompendo coa produción das labregas
de pequenas e medianas producións.
E nos noventa aparecen as Rendas Mínimas de
Inserción (RMI), que a Unión Europea propón
como saída a un desemprego estrutural. No
Estado español estas rendas mínimas toman
formas diferentes, desde a da comunidade
autónoma do País Vasco, que é unha copia
literal da RMI francesa, a simulacións como a
Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA),
que non fan máis que disfrazar as históricas
Axudas de Emerxencia Social con outro traxe,
sen cambiar substancialmente nada.
RISGA versus Rendas Básicas
A RISGA, coma o resto de Rendas Mínimas de
Inserción, simuladas ou non, nacen para manter
a centralidade dun emprego inexistente.
Formúlanse como a posibilidade de acceder a uns
moi mínimos recursos por parte daquelas
unidades familiares que están en situación de
pobreza extrema e severa. A formulación é
clara: mentres non atopas emprego, tes acceso a
esa RMI ou RISGA, iso si, se es un bo pobre.
Presentan a RMI ou RISGA como una ferramenta
para regresar ao mundo do emprego, aínda que a
mesma Unión Europea xa recoñece que nunca máis
poderemos volver a falar de pleno emprego.
Entón, que buscan con este tipo de medidas?
O primeiro e fundamental, responsabilizar a
persoa da súa situación como empobrecida, como
carente de recursos, ela e a súa familia.
Igualmente pártese da lóxica do control e o
sometemento. Esíxese unha contrapartida ou
contraprestación a quen accede a cobrar a RISGA
ou RMI, esixindo un sometemento total da súa
vida ao ollo controlador dos chamados Servizos
Sociais, que inclúen os policiais, cando é
preciso. A vida das persoas perceptoras de
RISGA e RMI está sometida a seguimento e
control constante, aínda que falemos do cobro
de contías que, segundo a comunidade autónoma,
van dende os 399 €/mes a 700 €/mes (comunidade
autónoma do País Vasco e Navarra), por un
período de tempo limitado, xeralmente de seis
meses, e que máis adiante poden volver
solicitar. Todo nunha sociedade que día si e
outro tamén nos mostra os beneficios de grandes
bancos, de Inditex e das grandes
marcas/empresas do IBEX-35. A diario vivimos
escoitando a satisfacción de que unha minoría
propietaria desas grandes empresas é máis e
máis rica, como se iso significase reparto
deses beneficios ou riqueza colectiva. Como
dicía Castelao: ante o rico borracho falamos do
gracioso que está, mentres á persoa empobrecida
desprezámola pola súa borracheira.
Para acceder a unha RISGA, a persoa debe
cumprir unhas condicións previas de ”Cadernos
para saber máis e debater mellor”
empadroamento, de carencia total de ingresos e
aceptar someterse a un recorrido personalizado
de inserción laboral e/ou social; todo para
recibir uns meses, seis ou doce, unha cantidade
ínfima de diñeiro. O proceso de solicitude é
humillante, desde a primeira entrevista ata o
labirinto administrativo. Establécese unha
relación de dominación e sometemento desde o
primeiro momento, xa que as entrevistas, en
ocasións, son investigacións profundas das
nosas vidas: Con quen vivimos? Como vivimos?
Temos algunha persoa amiga que nos pasa algún
recurso?... Digamos que as perceptoras de RISGA
teñen as súas vidas secuestradas e, como se dun
escaparate se tratase, son observadas e
xulgadas polos Servizos Sociais.
En conclusión: as RMI son ferramentas do
mercado das empresas para someter a toda a
poboación. Unhas con baixos salarios, outras
con salarios ocasionais e as últimas con
ingresos mínimos e insuficientes, se son bos
pobres. Por iso é tan importante ter claro que
as RMI, a RISGA, non é unha Renda Básica. Falar
de rendas básicas é falar de dereitos sociais e
non de prestacións sociais ou dereitos
subxectivos. As rendas básicas son á marxe do
emprego e do mercado laboral, son un dereito
incuestionable por ser persoa, porque
existimos, para asegurar que poidamos vivir
todas as persoas, sen distincións.
Das Rendas Básicas á Renda Básica das iguais
En 1998, en Barcelona, chegamos ao acordo con
moitas outras, que falamos de RENDAS BÁSICAS,
cando se dan estas características:
- INDIVIDUAL, o ingreso é para cada persoa.
- UNIVERSAL, para todas as persoas, sen
distincións.
- INCONDICIONAL, sen contrapartidas nin
contraprestacións.
- SUFICIENTE, a contía, para todas as persoas
por igual.
Aquel acordo tiña lecturas distintas e desde
ese mesmo momento temos que falar de RENDAS
BÁSICAS en plural porque hai lecturas
diferentes arredor das características
fundamentais. A xente da Coordinación Baladre
apostamos por unha proposta forte, a RENDA
BÁSICA das (persoas) IGUAIS, a RBis, que
entendemos como una ferramenta máis para saír
do capitalismo e do patriarcado.
A Renda Básica das Iguais como ferramenta (unha
máis) defínese polas seguintes características:
- INDIVIDUAL
- UNIVERSAL
- INCONDICIONAL
- CONTÍA SUFICIENTE, igual á metade da renda
per cápita do territorio que falemos (Galiza ou
outro).
Ademais propoñemos que todas as persoas cobren
a mesma contía (IGUALDADE).
Dividimos a contía total de cada persoa en dúas
partes: 80% individual e 20% para o Fondo de
RBis da Comunidade.
- FONDO DE RBis. Este fondo créase das achegas
do 20% do total que nos corresponde a cada
persoa.
Este Fondo de RBis estaría constituído por
barrios e/ou vilas onde a mesma xente da vila
ou do barrio decide conxuntamente o uso/destino
deste, en base ás súas particularidades e
necesidades (PARTICIPACIÓN SOCIAL).
- Unha proposta/ferramenta para ABAIXO, para a
loita social. Para transformar profundamente a
sociedade actual.
Igualmente propoñemos que a tendencia do 80%
individual sexa a cero e o 20% do Fondo de RBis
tenda a cen, chegando ao que denominamos
Riqueza Comunal de libre disposición de todas
as persoas.
Pola Renda Básica das iguais cara á
comunidade
Un dos grandes obxectivos da RBis, como
ferramenta, é crear as condicións e posibilitar
a RELACIÓN HUMANA, partindo da necesidade de
definir en cada vila/barrio o
destino/necesidades que debe cubrir do Fondo de
RBis. É impulsar A COMUNIDADE, o comunitario e
o común máis alá de conseguir uns recursos
básicos que nos permita ter un colchón de
resistencia para satisfacer as nosas
necesidades básicas.
E, por suposto, estes ingresos individuais e do
Fondo de RBis serven para poder percorrer o
proceso (suma de loitas colectivas) que nos
saquen do actual colapso.
Propoñemos a loita pola RBis partindo da RISGA
como un proceso: reivindicando o aumento das
súas contías, a eliminación de contrapartidas e
contraprestacións, para dar o salto ás rendas
básicas en plural, xa como dereito individual,
saíndo de prestacións e rendas mínimas, para
entrar na RENDA BÁSICA DAS IGUAIS, apostando
por esa comunidade que fai do Fondo da RBis o
espazo de participación, de concreción do
COMUNITARIO.
É un camiño/percorrido que depende da suma de
vontades (de moita loita social), para chegar
antes ou despois a conquistar outra xeito de
estar e ser, en comunidade, camiño marcado por
outras moitas máis ferramentas e loitas. E, por
supostísimo, temos que percorrelo con outras,
nunca soas. Aquí non sobra ninguén.
Falar da RBis é formularse a centralidade da
vida desde as persoas, a comunidade, entendendo
a vida no marco da cooperación, do apoio mutuo,
do traballo, que non do emprego que nos
escraviza e somete. É poder formularnos a
soberanía alimentaria, o producir alimentos que
nutran realmente, para que todas os coman,
rompendo as lóxicas do mercado actual. É poder
encarar o VIVIR ONDE DESEXEMOS E QUEIRAMOS,
poder saír da metrópole e localizarnos no
territorio desde lóxicas humanas, vinculadas á
comunidade.
E, para rematar, a RBis sérvenos para encarar
os COIDADOS, os afectos, soster as vidas de
todas, pero facelo todas, en lóxicas de
cooperación, de apoio mutuo e esa comunidade
que tanto precisamos.
Manolo S. Bayona, das xentes de Baladre
debullando_rbis.pdf
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript