Maio de 2017
 
 

NÚMERO 357 - 15/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Oferta de Emprego Público e a sen razón económica

Cada vez temos máis claro que reitor-xerente xogan co orzamento para limitar as prazas que na Oferta de Emprego Público poden saír a convocatoria libre. Por un lado limitan a valoración económica dos postos que quedaron vacantes no ano 2016. Por outro lado computa o orzamento total das prazas susceptibles de se ocupar por promoción interna, pero sen posibilidade de retorno do orzamento non utilizado.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

    Por poñer un exemplo clarificador a universidade convoca mediante a Resolución do 31 de agosto de 2016 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso nas distintas escalas de funcionarios polo sistema de promoción interna, 31 prazas da Escala facultativos de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña. A relación definitiva de admitid@s nesta convocatoria, é de 24 traballador@s, unha vez finalizado o 3º exercicio, as cualificacións provisionais, sinalan que só hai dúas persoas aprobadas e aínda non rematou o proceso. Preguntámonos, onde vai o orzamento previsto e non executado?. Este exemplo é extrapolable, agardamos que en menor medida, á práctica totalidade das escalas en proceso de promoción e ás que se convoquen. O xerente sinala, sen máis, que todo queda no Capítulo I do Orzamento. A nós non nos chega a explicación.

    O único que está claro, e que non aceptamos, é que no proceso en "negociación", coa xustificación de reservar diñeiro para unhas promocións que, de ningún xeito, consumirán o orzamentado, 21 prazas que deberían saír na convocatoria libre da Oferta de Emprego Público do ano 2017 redúcense a 17. Xa contabamos con poucos postos debido ás políticas do PP e xerente-reitor redúcenos aínda máis. Totalmente inaceptable!.

     

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript