NÚMERO 357 - 15/05/2017
CUTUDC / Novidades
Non hai lugar para o descanso, aínda non rematamos co chanchullo do concurso de traslados e xa comezamos a guerra da Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2017. Non temos acougo pero tampouco temos tempo para o desánimo. Coas mesmas forzas que defendemos que todas as prazas vacantes teñen que aparecer no concurso de traslados, reivindicaremos que todas as prazas da OEP a quenda libre teñen que ser de postos base.
A incapacidade para determinar que prazas teñen que
formar parte da OEP,
tivemos que dicírllelo nós, ten como
consecuencia dous importantes efectos. A proposta inicial contemplaba, por un
lado unha exigua oferta de prazas, e por outro
lado minimizaba a masa salarial que deriva da
valoración económica das prazas que terían que
se contemplar e non aparecían na listaxe da
proposta da Xerencia. No capítulo da valoración
económica pásase de 487.344,42 € a 728.148,42
€., temos que sinalar que non estamos de acordo
coa valoración ao non se contemplar
circunstancias tan importantes como os trienios
e demais factores que posuían as persoas que os
desenvolvían.
Tamén rexeitamos que na nova proposta remitida
pola Xerencia na que se acepta a práctica
totalidade das prazas que sinalabamos, non
aparezan as prazas 316, Técnico informático e a
746 Posto base de relacións internacionais
(antes en Rexistro), a Xerencia escúsase en que
a praza 316 sempre tivo a consideración de
vacante, polo tanto non corresponde considerala
dentro da OEP.
Pola nosa parte argüimos que, aínda que na RPT
apareza como vacante, ningunha d@s
traballador@s que aprobaron na fase de
consolidación realizada no seu día como PAS
laboral, puido optar a ocupar esta praza
agardando a decisión xudicial. O xerente sinala
que, de ser positiva a sentenza, a praza
podería considerarse na seguinte OEP.
Na praza 746 sinalamos que a traballadora, en
comisión de servizos na USC, tomou posesión
definitiva da praza nesa universidade no
concurso que se resolveu por
Resolución da Xerencia de 12 de setembro de
2016 (foi no momento que tomou posesión do posto na USC cando causou baixa na UDC). A Xerencia sinala que, coa aprobación
da actual RPT, a reconversión da praza co
número de posto 30 na 746, implica a perda do
seu orzamento, polo tanto non corresponde tela
en conta. Manifestámoslle o desacordo pois a
RPT publicouse no DOG do 09/02/2016 e a persoa
que tiña en propiedade a praza deixou de ser
traballadora da UDC cando tomou posesión da
praza, despois do 12 de setembro de 2016.
Preguntámonos, xa que logo, en que situación
estivo desde o 09/02/2016 até que tomou
posesión definitivamente da praza na USC?
Con estas consideracións, despois da valoración
económica de cada unha das prazas, valoración
coa que non podemos estar de acordo polo xa sinalado anteriormente, unha vez realizado o desconto de
orzamento preciso para as promocións
atopámonos que sendo 21 os postos considerados
dentro do que é a OEP relativos a vacantes
producidas no ano 2016
a Xerencia propón sacar
a quenda libre 17 prazas das que se reserva
4
para postos de grupo A1/A2
(incluíndo unha praza que non existe na RPT) e
1 para A2/C1 no Servizo de Informática.
Non podemos, de ningún xeito, estar de acordo
coa proposta da Xerencia e remitímonos, unha
vez máis, ao
acordo da maioría da Xunta de Persoal.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript