Maio de 2017
 
 

NÚMERO 357 - 15/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

O día 15, reunión do Claustro Universitario

Este luns, día 15 de maio, está convocada unha sesión ordinaria do Claustro Universitario, a primeira das dúas que obrigatoriamente se teñen que convocar ao ano. Esta reunión, coa seguinte Orde do Día, ten como obxectivo esencial, a avaliación da “Memoria do reitor para o Claustro Universitario 2016” outro dos obxectivos da sesión é o da renovación da representación nos órganos correspondentes, Mesa do Claustro, Comisión Electoral Central, Consello de Goberno, dos sectores que cada dous anos están obrigados a facelo.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

    Unha novidade respecto a outras sesións é que a acta da sesión anterior está a disposición de todo/as a través de Youtube
     


     
    Diferimos das cifras que presenta o reitor na Memoria de Xestión 2016 á que podedes acceder co usuaria/o e contrasinal da UDC  e que fan referencia ao PAS.
     
    No punto “As cifras da UDC/2016” sinala que o número de PAS son 765 traballadores/as, cando a RPT recolle soamente 744 postos, 21 menos dos que se enumeran nese apartado. Temos que sinalar, ademais, que a día 12 de maio, segundo a revisión que fixemos da RPT, hai 31 postos sen cubrir (pasamos a relación). Sabemos que esta circunstancia deriva, en parte, do proceso de anulación das comisións de servizos, pero intuímos que esta circunstancia pretende ser aproveitada para reducir as opcións de ocupación dalgunha das prazas. Neste momento, traballando como PAS da UDC hai, polo tanto, 712 persoas, 53 menos das que se reflicten nas cifras oficiais. Interesarémonos por esta circunstancia.
     
    Outra das cuestións que manifestaremos, na sesión convocada, é o rexeitamento do concurso de traslados que non contempla a totalidade das vacantes, excluíndo sen xustificación, as do Servizo de Informática e Comunicacións. Tamén aproveitaremos pra sinalar a diferenza de criterio coas prazas de grupos A1 e A2 que a Xerencia pretende que aparezan na Oferta de Emprego Público na convocatoria a quenda libre.

     

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript