NÚMERO 356 - 08/05/2017
CUTUDC / Novidades
Na última reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia da USC o xerente transmitiu que hai unha importante mellora nas previsións do Plan de Equilibrio Orzamentario, que se poderá acurtar no tempo pasando das previsións que prevían se aplicase até o ano 2022, agora signifícase que finalizará no ano 2020, esta mellora débese, entre outras cousas, a que se agardaba que o déficit do 2016 fora de 12 millóns de euros e reduciuse a 9 millóns.
Informou, tamén, do
proxecto de funcionarización e da adaptación da
RPT. A Xunta de Persoal pediu explicacións sobre o
orzamento dedicado a acción social. A Xunta de
Persoal reclamou que se permitira a prolongación da
vida laboral até completar o 100% da xubilación.
Por Outra parte, despois da petición asinada por un
número importante de traballador@s o Comité
Intercentros de PAS Laboral, convocou asembleas nos
Campus de Lugo, o luns día 8 de maio, e Compostela,
martes 9 de maio, para falar do proxecto de
funcionarización.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript