NÚMERO 356 - 08/05/2017
CUTUDC / Novidades
@s traballador@s reparten panfletos pola cidade nos que se significa que Xulio Ferreiro é de dereitas. @s traballador@s dos museos son un claro exemplo do que supón a privatización de servizos ao ser subcontratad@s pola administración. O concello recorta na licitación o diñeiro da contrata, isto provoca que ningunha empresa participe, e as que parece que están en disposición de facelo, a que aguanta a prorroga mentres non se fai outra empresa co servizo, tamén, anuncian expedientes de regulación de emprego.
Así as cousas e diante do
perigo de quedar sen emprego @s traballador@s
da Casa dos Peixes, da Casa do Home e da Casa
das Ciencias anuncian a convocatoria de folga
para o día 17 e 18 de maio, coincidindo co Día
internacional dos museos reclamando solucións
para garantir a continuidade dos 31 postos de
traballo.
Como sinalabamos a privatización e
externalización de servizos que son propios da
administración e que deberían ser sustentados
directamente, neste caso, polo concello ten
estes efectos. As empresas acoden ás
licitacións se “hai negocio” e cargan sobre o
persoal as consecuencias que poidan poñer en
perigo ese afán de lucro.
Ao noso parecer, en situacións deste tipo, onde
a administración cedeu a xestión de servizos
públicos a empresas privadas, só cabe a
solución do rescate, remunicipalizar. O
concello da Coruña ten unha oportunidade de
ouro para facelo se quere dar exemplo do seu
compromiso con outro xeito de xestión do
público
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript