NÚMERO 356 - 08/05/2017
CUTUDC / Novidades
Sabiamos, así volo comunicamos no seu día, que a presenza dunha praza da Escala axudantes arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña na Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2016 non era máis que o comezo. Unha vez aberta a espita non se ía pechar e nas sucesivas OEP multiplicaríanse as prazas de grupos superiores limitando substancialmente as convocatorias de postos base.
Na proposta da Xerencia para a
OEP de 2017 xa se contemplan 4 prazas, unha delas
que nin sequera está na Relación de Postos de
Traballo.
A Xerencia remitiu, para acceso libre, a seguinte
proposta:
ESCALA |
Nº de prazas |
Sistema xeral |
Persoas con discapacidade
xeral |
CUSTO POR PRAZA |
TOTAL/ANO con SEG. SOC. |
Escala técnica superior
informática |
1 |
|
|
36.999,38 € |
46.323,23 € |
Facultativo de bibliotecas |
1 |
|
|
31.503,55 € |
39.442,44 € |
Escala técnica superior de
calidade |
1 |
|
|
36.999,38 € |
46.323,23 € |
Vicexerente de persoal
e RR. LL.
(A2)* |
1 |
|
|
49.788,96 € |
62.335,77 € |
Escala administratativa
(C1) |
8 |
|
|
22.447,91 € |
224.838,27 € |
Escala técnica de
servizos E-AP) |
4 |
|
|
19.381,17 € |
97.060,90 € |
Escala técnica de
especialistas informática (C1) |
1 |
|
|
23.825,24 € |
29.829,20 € |
TOTAL |
|
|
|
220.945,59 € |
546.153,04 € |
Promoción interna |
|
|
|
144.233,04 € |
180.579,77 € |
DISPOÑIBLE
DESPOIS DA PROM. INTERNA |
|
|
|
1.415,61 |
* Praza creada pola
Resolución do 12/01/2016, pola que se establece a
estrutura orgánica dos servizos centrais da UDC e
as competencias dos seus órganos directivos,
pendente de dotar orzamentariamente en RPT.
De ningún xeito consideramos
que praza estea “creada”, ao non se contemplar na
actual RPT. A RPT é o documento que reflicte os
postos de traballo de PAS da universidade. Ten o
visto e prace da Xunta de Galiza e aprobouse no
Consello de Goberno e Consello Social.
A proposta remitida constata que o equipo de
goberno opta por incrementar paulatinamente a
convocatoria a quenda libre das prazas de superior
categoría taponando, por unha parte, as
posibilidades de promoción e por outra as
convocatorias por esa quenda dos postos base.
Fronte a este posicionamento institucional tanto
APA como a maioría da Xunta de Persoal optamos por
seguir reivindicando que as Ofertas de Emprego
Público, no que se refire á quenda libre,
contemplen, exclusivamente, postos base das
diferentes escalas.
Temos que indicar que o xerente aceptou a práctica
totalidade das prazas que sinalamos que tiñan que
se contemplar na taxa de reposición só pon dúbidas
á 316 Técnico informático, por renuncia, e a
praza 746 Posto base de relacións internacionais
(antes en Rexistro) do que temos constancia de que
xa ten posto definitivo na outra administración.
Fe de erratas
No cálculo que fixemos da porcentaxe de
interinidade cometemos un erro, sendo o cálculo
correcto o seguinte:
POSTO |
Nº PRAZAS |
VACANTES |
% |
Escala Xeral.
Posto base despois do concurso |
135 |
47 |
34,81481481% |
Escala Xeral.
Posto base antes do concurso |
135 |
25 |
18,51851852% |
Auxiliar de
servizos |
90 |
25 |
27,77777778% |
Técnico
informático |
29 |
5 |
17,24137931% |
Conserxe |
24 |
4 |
16,66666667% |
Auxiliar técnico
de biblioteca |
42 |
6 |
14,28571429% |
Bibliotecario/a |
38 |
4 |
10,52631579% |
Analista |
12 |
1 |
8,333333333% |
Técnico de
laboratorio |
40 |
2 |
5% |
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript