NÚMERO 356 - 08/05/2017
CUTUDC / Novidades
As Marchas da Dignidade celebraron unha rolda de prensa para anunciar a gran manifestación que terá lugar o próximo 27 de maio en Madrid. Mireia Ferreiros de IAC e Rene Otaduy de Coordinadora 25-S, encargáronse de presentar as liñas máis importantes das reivindicacións deste movemento social.
Para todas as
organizacións que conforman as marchas da
Dignidade a situación actual é de grave
emerxencia social e necesita unha resposta
colectiva inmediata. Ter un traballo non
garante unha vida digna, a clase obreira sómese
na pobreza, a patronal aproveita toda esta
situación e aperta máis as torcas ás
traballadoras e traballadores, a clase
traballadora estranxeira nin pode reflexionar
sobre a súa situación, seguen sendo
desafiuzadas familias enteiras con menores e
persoas dependentes ao seu cargo e a xente
continúa endebedándose para poder acceder a
bens e servizos fundamentais como a luz, a auga
ou o gas.
Os gobernos, a patronal e a banca son unha
engrenaxe dun sistema patriarcal que mata,
invisibiliza e humilla a todas as mulleres. A
situación na que agora mesmo nos atopamos é
froito dos excesos da clase política e a banca,
quen obedeceu as instrucións da Troika
condenando ás maiorías sociais a un futuro de
miseria, represión e pobreza.
Neste sentido, desde as Marchas lembrouse a
todas aquelas persoas detidas, encarceradas e
procesadas por loitar, esixindo Amnistía e
expresándolles o seu apoio e solidariedade.
Por todo iso, as Marchas da Dignidade pediron a
todas as persoas opresoras que se marchen
porque non representan á cidadanía. Á vez
realizaron un chamamento a todo o conxunto da
sociedade española para que acuda o 27 de maio
a Madrid para esixir “pan, traballo, teito e
igualdade”.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript