Maio de 2017
 
 

NÚMERO 356 - 08/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
 

Liña do Galego

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en galego.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

    Desde xullo do ano 2016, A Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar as usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.
     
    Moitas e moitos galegofalantes continúan a considerar normal a exclusión do seu idioma e iso é algo que queremos axudar a mudar porque, cando a poboación non é consciente dos seus dereitos, existe un défice democrático que cómpre corrixir. A idea de que hai dereitos lingüísticos en Galiza, tanto individuais como colectivos, non está asentada, canto máis nos territorios onde nin sequera teñen recoñecemento legal estes dereitos.
     
    Coa Liña do Galego quérese afortalar o obxectivo de dar cobertura e amparo ás persoas ás que se lles impide desenvolver a súa vida na lingua propia do país. Cando unha persoa chama ou escribe, ábrese un expediente na base de datos ao que se lle asigna unha numeración para lle poder facer o seguimento. Con todas as queixas, consultas e parabéns realizarase un informe anual, que servirá tanto de diagnose da situación como para propor medidas de mellora para o ano seguinte. Aquí podes acceder ao último informe da Liña Informe2016_LinhadoGalego.
     
    A Mesa pola Normalización Lingüística

     

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript