Número 356- 08 de maio de 2017
 
 

UNIVERSIDADE

Oferta de Emprego Público

Sabiamos, así volo comunicamos no seu día, que a presenza dunha praza da Escala axudantes arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña na Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2016 non era máis que o comezo. Unha vez aberta a espita non se ía pechar e nas sucesivas OEP multiplicaríanse as prazas de grupos superiores limitando substancialmente as convocatorias de postos base.

 UNIVERSIDADE
    Como representantes do PAS temos a obriga de trasladar o parecer do colectivo nos órganos de goberno onde temos representación, posibilitando que, como mínimo os sectores representados neses órganos teñan constancia da nosa opinión nos temas a tratar e tamén coñecer directamente as preocupacións e asuntos que, sendo transcendentes para o PAS, corresponde informar.
 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 REMUNICIPALIZACIÓN!
    @s traballador@s reparten panfletos pola cidade nos que se significa que Xulio Ferreiro é de dereitas. @s traballador@s dos museos son un claro exemplo do que supón a privatización de servizos ao ser subcontratad@s pola administración. O concello recorta na licitación o diñeiro da contrata, isto provoca que ningunha empresa participe, e as que parece que están en disposición de facelo, a que aguanta a prorroga mentres non se fai outra empresa co servizo, tamén, anuncian expedientes de regulación de emprego.
 AUTOBOMBO
    Apela tamén ao idioma, a galeguidade e a cultura do país para aumentar en máis de medio millón as axudas con respecto ao pasado ano. A maior parte destas axudas van sempre ás familias mediaticas galegas, sobre todo, a La Voz de Galicia.
 QUEREMOS GALEGO!
    Na tarde do, xoves 4 de maio, mantivemos a reunión prevista para organizar cuestións técnicas relacionadas coa manifestación nacional do día 17 de maio. Os acordos adoptados foron os seguintes:
LEI GALEGA DE IDENTIDADE DE XÉNERO

    En Marea, PSdeG e BNG rexistraron este venres no Parlamento de Galicia un borrador para elaborar unha futura lei galega de identidade de xénero, unha norma que colectivos piden ao Partido Popular de Galicia que apoie para "outorgar dereitos básicos de calquera cidadán" ás persoas transexuais.

CONTRA A CORRUPCIÓN E A ESPECULACIÓN

    Varios colectivos veciñais e sociais de Madrid convocaron unha manifestación o vindeiro sábado co lema Madrid non se vende tras os casos de corrupción coñecidos nos últimos días no marco da operación Lezo, que levou ao cárcere ao expresidente da Comunidade Ignacio González e imputou a decenas de persoas pola xestión da Canle de Isabel II. Á investigación, que segue aberta, antecédenlle outras tramas de corrupción como a Púnica, a Gürtel ou a de Mercamadrid.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    "Onde se meteu o bolseiro?". O mesmo berro repítese en miles de centros de traballo nesta mañá de primavera. Os bolseiros non están no seu posto ao comezo da xornada. Eles, sempre tan puntuais, hoxe non aparecen. Mesas baleiras, computadores apagados, mandilóns colgados, gravadoras apagadas, batas no percheiro. "Onde se meteu o bolseiro?".

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño de 2015 a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 USC - XUNTA DE PERSOAL E COMITÉ INTERCENTROS
    Na última reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia da USC o xerente transmitiu que hai unha importante mellora nas previsións do Plan de Equilibrio Orzamentario, que se poderá acurtar no tempo pasando das previsións que prevían se aplicase até o ano 2022, agora signifícase que finalizará no ano 2020, esta mellora débese, entre outras cousas, a que se agardaba que o déficit do 2016 fora de 12 millóns de euros e reduciuse a 9 millóns.
 ADEGA
    En outubro pasado "Renova Generación de Energías Renovables S.L". pretendía construír en Curtis unha planta de xeración eléctrica a partir da biomasa de 50MW, cando por lei o límite era 10MW. Daquela o Decreto 149/2008 aprobado na etapa do bipartito, establecía un límite máximo de 10MW por instalación (80MW totais en Galiza). O proxecto sobardaba portanto o máximo legalmente permitido, malia ao cal a Xunta comezou a tramitalo
 OS "FAVORES" DE FEIJOO
    Se hai uns días eran os ecoloxistas de Arco Iris os que cargaban contra Juan Miguel Villar Mir pola venda das centrais, agora son os da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) os que lembran ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que foron os seus presuntos “favores” ao empresario os que lle permitiron chegar a expor a segregación dos saltos hidroeléctricos dos ríos Xallas e Grande das plantas de ferroaleacións de Ferroatlántica en Cee e Dumbría.
 MARCHAS DA DIGNIDADE
    As Marchas da Dignidade celebraron unha rolda de prensa para anunciar a gran manifestación que terá lugar o próximo 27 de maio en Madrid. Mireia Ferreiros de IAC e Rene Otaduy de Coordinadora 25-S, encargáronse de presentar as liñas máis importantes das reivindicacións deste movemento social.
 • OPINIÓN - Pablo Juárez
    Desde que estalou a crise económica en 2007-2008, a mocidade traballadora está a ser unha das principais vítimas da deterioración das condicións de vida. Así foi unha constante en todos os países do mundo o aumento xeneralizado da pobreza e a falta de perspectiva entre a mocidade que se incorporou ao mercado de traballo.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en galego.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
 

     

       
        REPRESIÓN

         
          EMPRESARIO MODELO

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            CALENDARIO LABORAL 2017
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript