Maio de 2017
 
 

NÚMERO 356 - 08/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  OS "FAVORES" DE FEIJOO
 

Os ecoloxistas len a cartilla a Feijóo polos 'favores' a Villar Mir

Se hai uns días eran os ecoloxistas de Arco Iris os que cargaban contra Juan Miguel Villar Mir pola venda das centrais, agora son os da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) os que lembran ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que foron os seus presuntos “favores” ao empresario os que lle permitiron chegar a expor a segregación dos saltos hidroeléctricos dos ríos Xallas e Grande das plantas de ferroaleacións de Ferroatlántica en Cee e Dumbría.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

  • Para a organización ecoloxista, a imputación de Villar Mir na 'operación Lezo', vinculada ao financiamento ilegal do Partido Popular, é un capítulo máis dunha relación co partido no poder en Galicia “salpicada de prebendas, subvencións e resolucións administrativas sorprendentes”. 
     
    Precisamente, neste último punto, o das resolucións, é no que fan fincapé para lembrar que algúns dos aproveitamentos que agora pretende vender o empresario madrileño foron “indultados” por Feijóo en 2009, ano no que terían que declararse caducados por incumprimento dos prazos os proxectos de execución das centrais hidroeléctricas de Fervenza II, Ponche Olveira II e Novo Castrelo.
     
    Ademais de esquivar a declaración de impacto ambiental destas instalacións amparándose nun decreto hoxe derrogado, Villar Mir conseguiu que en maio de 2012, fai agora cinco anos, se aprobasen os proxectos sectoriais de modificación dos aproveitamentos hidroeléctricos no río Xallas. En 2013, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas declarou de utilidade pública as tres minicentrais, cuxas obras deberían estar terminadas en 2016, pero a día de hoxe seguen en curso
     
    A mesma Xunta é quen decide
    Con todo, todo parece indicar que o dono de Ferroatlántica non será o encargado de poñelas en funcionamento, se se consuman os seus plans para segregar e vender os activos hidroeléctricos do grupo, unha operación que debe contar co visto e prace da Xunta. Un 'si' que desde Adega non dubidan que se producirá “visto o escandaloso favoritismo” da administración galega co empresario ao longo dos últimos anos.
     
    Economía Digital Galicia

 

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript