Maio de 2017
 
 

NÚMERO 356 - 08/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello Social do 04/05/2017

Como representantes do PAS temos a obriga de trasladar o parecer do colectivo nos órganos de goberno onde temos representación, posibilitando que, como mínimo os sectores representados neses órganos teñan constancia da nosa opinión nos temas a tratar e tamén coñecer directamente as preocupacións e asuntos que, sendo transcendentes para o PAS, corresponde informar.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

A reunión do día 4 comezou coa reclamación realizada por Eduardo Álvarez González para que a documentación dos puntos da Orde do Día se remitisen en galego. Nós tiñamos intención de realizar esa mesma reclamación, pero agardabamos a realizala na punto 15 de Rogos e preguntas.
 
Xa no desenvolvemento da sesión votamos, de novo, en contra da execución do Orzamento de 2015, posteriormente xustificamos esta decisión no importante recorte sufrido pola partida destinada a acción social.
 
Por outra parte informamos da publicación do concurso de traslados que non contempla as vacantes do Servizo de Informática e Comunicacións sinalando que se decidiría na reunión da Xunta de Persoal do día 5 as accións  a adoptar.

 



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript