NÚMERO 356 - 08/05/2017
CUTUDC / Novidades
O DOG do día 5 publica a RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2017 pola que se convoca a xornada A boa Administración e o dereito administrativo. O obxectivo principal desta acción formativa é profundar no estudo do principio e dereito á boa Administración desde unha perspectiva xeral e nalgúns sectores da actividade administrativa, con especial referencia á contratación administrativa.
Ten como Destinatarios/as
ao persoal ao servizo das administracións
públicas de Galicia e dos entes do sector
público autonómico, da Administración de
xustiza, das universidades galegas, xuristas,
alumnos/as universitarios/as e persoas
interesadas en xeral.
Realizarase o martes, 16 de maio de 2017, na
Universidade da Coruña; Facultade de Dereito;
Salón de Graos; Campus de Elviña, s/n. A
Coruña, en
horario: mañá e tarde.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa
inscrición a través da área de matrícula da web
da EGAP:
https://egap.xunta.gal/matricula/.
O prazo para inscribirse estará aberto desde as
8.00 horas do día seguinte ao da publicación
desta resolución no Diario Oficial de Galicia
ata as 23.00 horas do día 11 de maio de 2017.
Convocatoria
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript