NÚMERO 356 - 08/05/2017
CUTUDC / Novidades
Apela tamén ao idioma, a galeguidade e a cultura do país para aumentar en máis de medio millón as axudas con respecto ao pasado ano. A maior parte destas axudas van sempre ás familias mediaticas galegas, sobre todo, a La Voz de Galicia.
A Xunta segue a súa
política de enchufar diñeiro público aos medios
privados e, este ano, cunha partida moito
máis avultada que no 2016, máis de medio millón
de euros máis. Un diñeiro que canaliza a Secretaría
Xeral de Medios a través da concesión de
axudas económicas, en réxime de concorrencia non
competitiva, é dicir, case de xeito
discrecional, destinadas a empresas xornalísticas e
de radiodifusión para promover a “liberdade de
prensa” entre medios “plurais e independentes”.
En total son 1.675.000 euros, máis de medio millón
de euros máis con respecto as mesmas axudas do
pasado ano que foron de 1.135.000€. E iso, a pesar
da crise económica que está provocando recortes
noutros servizos básicos esenciais.
Curiosamente, a Xunta xustifica estas axudas aos
medios privados apelando á liberdade de
expresión. “A liberdade de expresión e de
difusión constitúe un dereito fundamental e unha
das bases esenciais de convivencia democrática,
valores que os poderes públicos deben garantir, non
só removendo os obstáculos que impliquen ou
dificulten a súa plenitude senón promovendo a
participación de todos os cidadáns na vida
política, económica e social”, apunta a Secretaría
Xeral de Medios para xustificar estas axudas.
Fomentar medios "plurais e independentes"
Tales obxectivos, engade, “son evidentemente
inalcanzables sen uns medios de comunicación
plurais e independentes” que cheguen, “na súa
virtualidade de información e incidencia na
conformación da opinión e posturas, a todos os
galegos”. Por iso, insiste, “faise necesario que o
Goberno galego poña os axeitados instrumentos de
financiamento ao servizo da potenciación e difusión
dos medios de comunicación que, ademais de
responder ás devanditas premisas e de acordo cos
artigos 1, 5, 27, parágrafos 19 e 20, e demais
concordantes do Estatuto de autonomía, defendan a
identidade de Galicia e os seus intereses, a súa
lingua, a súa cultura e, en xeral, a
galeguidade entendida comovínculo histórico dos
galegos de dentro e fóra de Galicia”.
Con todo, e a pesar de apelar á lingua, á cultura e
á galeguidade, case a totalidade destas axudas van
para as grandes familias mediaticas de Galicia que
publican en español, e delas quedan excluídas
practicamente os medios en galego. Así, o grupo
Voz, que recibe axudas por triplicado ao seu
xornal en papel, o seu xornal dixital e a súa radio
e Prensa Ibérica (Faro de Vigo e La Opinión de A
Coruña), son os grupos máis beneficiados. Síguelles
o grupo El Progreso (El Progreso de Lugo, Diario de
Pontevedra, Galiciae e Axencia Galega de Noticias),
o grupo La Región (La Región de Ourense e Atlántico
Diario) e o Grupo La Capital (El ideal Gallego,
Diario de Ferrol, Diario de Arousa e DxT).
Tamén Editorial Compostela (editor de El Correo
Gallego, Radio Obradoiro e Correo TV) sempre foi un
dos máis beneficiados, aínda que agora ten que
facer fronte a débedas financeiras pola súa mala
situación económica. Ademais dos medios
tradicionais galegos reciben anualmente importantes
axudas grupos como o ABC, El Mundo,
Intereconomía, a Cadena Cope ou a Cadena Ser,
entre outros.
A nova liña de axudas da Xunta distribuirá
1.255.000 euros para xornais en formato papel,
266.400 euros a empresas radiofónicas e 153.600
euros a empresas xornalísticas que difundan a súa
actividade informativa mediante internet, que soen
ser, na maioría dos casos, as divisións dixitais
dos grandes medios en papel.
4,2 millóns de euros da Secretaría Xeral de
Medios e case 17 millóns de toda a Xunta
Esta é a terceira gran convocatoria de axudas da
Secretaría Xeral de Medios que, con esta, xa suma
4,2 millóns de euros para propaganda
institucional en 2017 e 2018 e
case 17 millóns, con esta última convocatoria de
axudas, no conxunto dos departamentos da Xunta.
Así, no Acordo marco para o servizo de
elaboración, producción e plan de medios de
campañas institucionais da Xunta de Galicia en
datas relevantes para a Comunidade Autónoma nos
anos 2017 e 2018, a Xunta destina 1.720.000
euros con IVE. Entre estas campañas están “dúas
principais” no 25 de xullo, Día de Galicia ( no ano
2017) e no 17 de maio, Día das Letras Galegas ( no
ano 2018). Tamén outras campañas menores sobre
datas sinaladas e de alcance institucional a
definir pola administración.
O outro acordo marco é para un servizo de
elaboración das creatividades necesarias para o
desenvolvemento de distintas campañas de
comunicación e institucionais da Xunta de Galicia
2017-2018. En total, 950.000 euros con IVE. Neste
caso, o importe deste concurso triplica a cantidade
destinada no bienio anterior que foi de pouco máis
de 200.000 euros.
Galicia Confidencial
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript