NÚMERO 356 - 08/05/2017
CUTUDC / Novidades
En outubro pasado "Renova Generación de Energías Renovables S.L". pretendía construír en Curtis unha planta de xeración eléctrica a partir da biomasa de 50MW, cando por lei o límite era 10MW. Daquela o Decreto 149/2008 aprobado na etapa do bipartito, establecía un límite máximo de 10MW por instalación (80MW totais en Galiza). O proxecto sobardaba portanto o máximo legalmente permitido, malia ao cal a Xunta comezou a tramitalo
2 meses despois da
denuncia de ADEGA o PP derrogou a norma através
da "Lei de acompañamento", liberalizando a potencia
e o número de plantas de biomasa, que xa pode ser
ilimitado.
Agora, un proxecto similar coas mesmas
características (50MW), ubicación (Curtis-Teixeiro)
e promotores que o de "Renova Generación"
retorna da man de "Greenalia S.L."
Trátase dun clarísimo exemplo de como unha
administración lexisla a favor dos intereses
empresariais, outra volta o "lobby"
pasteiro-enerxético. Se unha instalación non é
legal, pois múdase a norma e arranxado!
O "efecto chamada" da
liberalización da biomasa: máis eucaliptos!
As razóns polas que o Decreto 149/2008
derrogado establecía un tope de potencia para as
plantas de biomasa forestal, estaban relacionadas
coa dispoñibilidade de materia prima para queimar e
coa sustentabilidade do proceso. Queimar biomasa en
pequenas plantas debía ser un complemento á
explotación do monte, e non un fin en si mesmo para
non provocar un "efecto chamada".
Agora nada impedirá á patronal pasteiro-enerxética,
coa impagábel cooperación necesaria da Xunta,
promover plantas de 50 (xa hai 2 en tramitación),
100, 200 MW que precisarán inxentes cantidades de
madeira para queimar.
Só as dúas plantas de 50MW en tramitación (a de
Greenalia e outra de ENCE) requerirán queimar cada
ano máis de 1,2 millóns de toneladas de madeira
(entre 20 e 25.000 hectáreas). E este combustíbel
salirá dos cultivos enerxéticos, co Eucaliptus
nitens como especie estrela.
Estes primeiros proxectos son consecuencia dunha
política de montes suicida que a Xunta non dubida
en executar para regocixo do negocio
pasteiro-enerxético. A utopía de ENCE está moi
próxima a se consumar: ter a medio país producindo
eucalipto para pasta e o outro medio madeira para
queimar. Un deserto verde, un ermo ecolóxico e
demográfico rexido polos intereses da pasteira, e
coa Xunta como gardacancelas.
Novas relacionadas
Decreto do eucalipto: as bágoas de crocodilo da
Xunta
Barra libre para a biomasa: Feijóo desregula o
sector e dá carta branca a ENCE para encher de
cultivos enerxéticos o país
A Xunta tramita unha planta de biomasa ilegal para
queimar E. nitens e outros cultivos enerxéticos
ADEGA
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript