NÚMERO 355 - 02/05/2017
CUTUDC / Novidades
A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, anunciou hoxe a convocatoria dunha multitudinaria manifestación para o 17 de maio baixo o lema “en galego sen límites”. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.
O anuncio foi realizado polo voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, acompañado de membros da Xestora da plataforma cidadá, que sinalaron que ao longo dos próximos días e até a data da convocatoria desenvolverase diversos actos nas comarcas galegas para informaren da convocatoria. Na web www.queremosgalego.gal indicarase os horarios e prezos dos buses que se porán a disposición de todas as persoas que desexaren acudir a Compostela a impulsar a plena normalización da lingua galega.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript