NÚMERO 355 - 02/05/2017
CUTUDC / Novidades
A Plataforma Impacto de Xénero Xa! leva ao Congreso o seu manifesto feminista sobre as contas públicas no que denuncian que o gasto social, ademais de escaso “”, promove “unha estrutura laboral/familiar atravesada pola división sexual do traballo”.
O Proxecto dos
Orzamentos Xerais do Estado presentado polo
Goberno o pasado 4 de abril “reflicte un modelo
económico baseado en actividades produtivas pouco
intensivas en tecnoloxía, depredadoras do medio
ambiente, que non atende ás necesidades sociais e
que agrava os problemas de desigualdade social,
particularmente entre homes e mulleres”. Así o
denuncian desde a Plataforma Impacto de Xénero
Xa! nun manifesto que
presentaron este xoves no Congreso dos Deputados.
Para esta organización, o gasto social, ademais de
escaso “”, promove “unha estrutura laboral/familiar
atravesada pola división sexual do traballo“.
Neste sentido, engaden que se potencia “un mercado
de traballo altamente segregado por sexos e unha
familia na que os homes se ven presionados a se
manter afastados dos coidados e as mulleres para
abandonar os seus empregos para coidar o seo do
fogar”. “É significativo que o permiso de
paternidade, orzado en 439 millóns de euros, sexa a
cuarta parte que o de maternidade (4 semanas fronte
a 16 semanas)”, engaden. Sobre o Sistema de
Atención á Dependencia, ven rechamante que “sexa
inferior ao gasto en desgravacións e prestacións
para o coidado ‘familiar’ de dependentes no fogar”.
A Plataforma Impacto de Xénero Xa! insiste en que
“este sistema é antisocial, ineficiente e
insustentable” xa que consideran que non se garante
o dereito á educación, a unha atención pública á
dependencia e que as mulleres non contan cun
“ingreso digno que lles permita ser independentes
economicamente”. Segundo o seu manifesto, ademais,
as contas públicas “agravan a crise demográfica
e a crise ecolóxica“.
“O Informe Oficial de Impacto de Xénero adxunto por
9º ano ao Proxecto de Orzamentos 2017, segue, como
os anteriores, sen analizar a contía de euros dos
programas orzamentarios analizados, cuestión
esencial do orzamento, e refírese aos obxectivos do
Plan Estratéxico de Igualdade 2014-2016 xa
finalizado, ademais de omitir a valoración do
impacto de xénero dos tributos e outros ingresos, e
da maioría dos gastos, en particular os da
Seguridade Social, ignorando a brecha de xénero nas
pensións e os de atención á infancia e ás persoas
en situación de dependencia”, denuncian desde a
plataforma
Xornal La Marea
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript