Maio de 2017
 
 

NÚMERO 355 - 02/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Taxa de Reposición e Oferta de Emprego Público

Despois de que na reunión realizada coa Xerencia, o día 24, evidenciaramos que na proposta remitida á Xunta de Persoal, na que se reflectía o Cómputo das prazas que computaban para establecer a taxa de reposición do ano 2016, faltaba algún posto do que tiñamos constancia de que debía ser contemplado, puxémonos mans á obra para revisar en profundidade o estado da RPT. Do estudo que realizamos e que presentamos na reunión da Xunta de Persoal do día 26 conclúese que na proposta remitida faltan un importante número de prazas que pasamos a enumerar e que incrementan, de xeito importante dentro das limitacións impostas polo PP, a posible Oferta de Emprego Público.

 

  • Noticias relacionadas

 

As prazas remitidas pola Xerencia foron:
 

NºP

Posto xubilado

Grupo

TOT.ANO

66

Xefe de negociado de tesourería

A2/C1

25.915,83 €

68

Xefe de negociado de orzamentos

A2/C1

25.915,83 €

86

Xefe de negociado retribucións Cap. VI e seguridade social

A2/C1

25.915,83 €

97

Xefe de servizo

A1/A2

44.927,89 €

345

Especialista de oficios

C1/C2

20.869,08 €

357

Xefe de servizo

A1/A2

47.452,28 €

380

Técnico en actividades culturais

A2/C1

23.825,24 €

462

Secretario de dirección

A2/C1

23.825,24 €

477

Administrador

A1/A2/C1

33.540,31 €

508

Auxiliar de servizos

C2/E

20.090,82 €

567

Administrador

A1/A2/C1

33.540,31 €

599

Director de biblioteca

A1/A2

37.518,22 €

623

Xefe de negociado de asuntos económicos

A2/C1

25.915,83 €

TOTAL

389.252,73 €

TOTAL CON SS

487.344,42 €

 
Fronte a esta exigua proposta e, tendo en conta o establecido nos Orzamentos Xerais do Estado de 2016, os de 2017 aínda non se aprobaron:
 
Artigo 20. Oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal.

4. Para calcular a taxa de reposición de efectivos, a porcentaxe máxima a que se refire o punto anterior aplicarase sobre a diferenza resultante entre o número de empregados fixos que, durante o exercicio orzamentario de 2015, deixaron de prestar servizos en cada un dos sectores, ámbitos, corpos ou categorías, previstos no punto anterior, e o número de empregados fixos que se incorporasen neles, no referido exercicio, por calquera causa, excepto os procedentes de ofertas de emprego público, ou reingresasen desde situacións que non impliquen a reserva de postos de traballo. Para estes efectos, computaranse os cesamentos na prestación de servizos por xubilación, retiro, falecemento, renuncia, declaración en situación de excedencia sen reserva de posto de traballo, perda da condición de funcionario de carreira ou a extinción do contrato de traballo, ou en calquera outra situación administrativa que non supoña a reserva de posto de traballo ou a percepción de retribucións con cargo á Administración en que se cesa.
 
Entendemos que os postos a ter en conta son:
 

POR XUBILACIÓNS:

Posto

66

Xefatura de negociado de tesouraría

68

Xefatura de negociado de orzamentos

86

Xefatura de negociado retribucións Cap. VI e seguridade social

97

Xefatura de servizo

345

Especialista de oficios

357

Xefatura de servizo

380

Técnico en actividades culturais

443

Técnico especialista/Mestre de taller

462

Secretario/a de dirección

477

Administrador/a

508

Auxiliar de servizos

567

Administrador/a

599

Director/a de biblioteca

623

Xefatura de negociado de asuntos económicos

 

POR FALECEMENTO

Posto

209

Bibliotecario/a

 

POR EXCEDENCIA VOLUNTARIA (que non teñen reserva de posto)

Posto

293

Técnico informático

300

Técnico informático

719

Xefatura de negociado de asuntos económicos

 

POR RENUNCIA

Posto

316

Técnico informático

 

POR COMISIÓN DE SERVICIOS NOUTRA ADMINISTRACIÓN. Xa con posto
definitivo na outra administración

Posto

746

Posto base de relacións internacionais (antes en Rexistro)

378

Posto base (S. Extensión Universitaria)

 

POR INCAPACIDADE PERMANENTE

Posto

201

Técnico de laboratorio

735

Auxiliar de servizos

 
Para levar a efecto a Oferta de Emprego Público, como fixemos en negociación de anos anteriores, propuxemos que as prazas que debe recoller a OEP do 2017 na convocatoria a quenda libre, sexan postos base das respectivas escalas.

Aínda que a situación real de prazas vacantes só se pode establecer coa conclusión do concurso de traslados, sobre todo na Escala Xeral (desde esta promoción tamén nas escalas especiais), pois ao poder solicitarse prazas “a resultas” orixíinase unha cascada que rematará creando máis vacantes de posto base, podemos adiantar que a porcentaxe se situará, se é o caso con pequenas diferenzas, como contempla esta táboa:
 
 

POSTO

Nº PRAZAS

VACANTES

%

Escala Xeral. Posto base despois do concurso

157

47

29,93630573%

Escala Xeral. Posto base antes do concurso

135

25

18,51851852%

Auxiliar de servizos

90

25

27,77777778%

Técnico informático

29

5

17,24137931%

Conserxe

24

4

16,66666667%

Auxiliar técnico de biblioteca

42

6

14,28571429%

Bibliotecario/a despois do concurso 39 5 12,82051282%

Bibliotecario/a

38

4

10,52631579%

Analista

12

1

8,333333333%

Técnico de laboratorio

40

2

5%

 
Postos fóra de catálogo (contratos de 3+3):

8

Postos base Escala Xeral

6

Auxiliares de servizos

3

Técnicos especialista en informática

1

Técnico especialista en actividades culturais

1

Técnico especialista de laboratorio

1

Técnico superior CUFIE

1

Técnico superior do Centro de Linguas (Ferrol)



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript