Maio de 2017
 
 

NÚMERO 355 - 02/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA - FESTILETRAS
 

Davila, Carlos Blanco, Ses e Guadi Galego, no cartel do Festiletras

Arredor do Día das Letras Galegas organízanse unha morea de actos dos que vos informaremos, neste caso traemos o Festiletras que é o festival máis longo e e con máis actividades de todas as celebracións do Día das Letras. E conta na súa 35ª edición, como nas anteriores, cun cartel amplo e ambicioso.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O festival que se celebra na aldea do Couto en Ponteceso e que organiza a Fundación Pondal comezará o domingo 14 de maio e rematará o 21 do mesmo mes, e acollerá as máis destacadas manifestacións culturais na nosa lingua nun ano no que celebran o centenario do pasamento do poeta bergantiñán. 
 
A nivel musical, o cartel revela a presenza de bandas como Luar na Lubre, Ses, Guadi Galego, De Vacas, Uxía e Joao Afonso, ademais de Mini e Mero. O humor tamén xogará un papel importante, coa presenza -desta volta por separado- do debuxante Luís Davila e de Carlos Blanco, alén de Marcos Pereiro. 
 
A literatura tamén terá o seu espazo, con recitais e coa presenza de autores e autoras como Fina Casalderrey, e achegamento a temas como o Rexurdimento, a paisaxe pondaliana ou o 'Cousas' de Castelao o. Tamén se entregarán os premios 'Os Bos e Xenerosos', e haberá múltiples actividades escénicas e mesmo científicas. 
 
SERMOS GALIZA



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript