Despois de que na reunión realizada coa Xerencia, o día 24, evidenciaramos que na proposta remitida á Xunta de Persoal, na que se reflectía o Cómputo das prazas que computaban para establecer a taxa de reposición do ano 2016, faltaba algún posto do que tiñamos constancia de que debía ser contemplado, puxémonos mans á obra para revisar en profundidade o estado da RPT. Do estudo que realizamos e que presentamos na reunión da Xunta de Persoal do día 26 conclúese que na proposta remitida faltan un importante número de prazas que pasamos a enumerar e que incrementan, de xeito importante dentro das limitacións impostas polo PP, a posible Oferta de Emprego Público.
Os datos da Enquisa de Condicións de Vida (INE) correspondentes a 2016 amosan unha leve mellora nos indicadores de pobreza en Galiza, mais ao tempo revelan o mantemento dunha situación moi complicada para máis de unha de cada catro persoas no país. A taxa de risco de pobreza e exclusión social sitúase no 25,4%, cun lixeiro descenso dende o 25,7% de 2015 pero aínda consolidada nos niveis máis elevados dende o 2008 e os anos previos á crise.
O pasado 12 de abril, deste ano 2017, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, facía un chamamento ao compromiso coa loita contra o despropósito gasista de Reganosa que ameaza a nosa seguridade, as nosas vidas e á Ría que despois de catro sentenzas e un auto do Tribunal Supremo encontra do proxecto gasista, instalado no corazón da nosa ría, o Goberno de España eximiu, á Planta de Gas, de someter-se á avaliación ambiental, intentando deste xeito saltar as decisión xudiciais do alto tribunal, asunto que está tamén recorrido ante os tribunais.
Un ano máis, o 28 de Abril, Día Internacional do Dereito á Saúde e Seguridade no Traballo, debe facernos reflexionar sobre que os accidentes laborais non son froito da casualidade ou a mala sorte. Os accidentes laborais son consecuencia directa do sistema capitalista que prioriza a produtividade e os beneficios por encima dos dereitos laborais das persoas traballadoras.
Hai unha violencia da que apenas falamos, unhas vítimas que parecen non merecer minutos de silencio nin medidas urxentes.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript