NÚMERO 355 - 02/05/2017
CUTUDC / Novidades
Como xa se vai convertendo en algo habitual, a reunión do Consello de Goberno aproveitouse, neste caso pol@s estudantes, para reclamar contra os recortes que se están a levar a cabo coa PDA. No seu chamamento o alumnado sinalaba que “O reitorado pretende eliminar o 30% das clases presenciais nas carreiras técnicas da UDC. Este ano nas materias optativas e en próximos cursos no resto. Non imos consentir este recorte!”
Os estudantes conseguiron unha reunión co
reitor aberta a todo o alumnado o martes as 12h no
salón de actos de Arquitectura.
Xa remitíndonos ao desenvolvemento da sesión o
reitor informou:
Asinouse o convenio coa Deputación que permite a
convocatoria do concurso para as reparacións a
realizar no Estadio de Elviña.
Informa tamén da sentenza favorable no recurso
interposto pola Universidade contra a Xunta de
Galiza polo “desfase orzamentario” nos orzamentos
do ano 2015 que levou á Universidade a ter que
restrinxir o gasto durante varios meses. A sentenza
deriva, tamén, na revisión dos orzamentos de anos
posteriores.
O xerente informa:
Da negociación da Oferta de Emprego Público coa
Xunta de Persoal e dos procesos de promoción para o
ano 2017.
Informa da publicación no DOG do concurso de
traslados de persoal funcionario.
No punto 5. Proposta sobre a liquidación do
orzamento e as contas anuais da Universidade da
Coruña correspondentes ao exercicio económico 2015.
En coherencia co voto contrario realizado no
seu día deixamos constancia,
tamén, do voto contrario á execución dunhas contas
que non aceptabamos.
No punto 14. Proposta de Oferta de Emprego
Público 2017 de PDI, sinalamos que, ao se dar a
circunstancia de que a Universidade está realmente
intervida, aínda que a proposta presentada está á
espera da aprobación da Consellería de Facenda,
solicitamos que, debido aos antecedentes ocorridos
na aprobación da anterior OEP de PAS, solicitamos
se nos proporcione a documentación da aceptación da
Xunta de Galiza.
No punto 18. Quenda aberta de intervencións
sinalamos:
Moisés Canle fai referencia ao
Proxecto de decreto polo que se regula o
réxime de contratación de persoal investigador
laboral da Administración da Comunidade Autónoma de
Galicia en proceso de elaboración
pola Xunta de Galiza, e ao que se poden enviar
suxestións. Que considera moi prexudicial de se
aplicar na contratación do persoal de proxectos.
O reitor agradece a información, descoñecía o
proxecto, sinalando que non afecta ao persoal
contratado pola UDC.
Xosé Portela:
As determinacións da Administración, neste caso a
Universidade, están suxeitas a limitacións. O
procedemento seguido polo equipo de goberno para a
publicación do concurso de traslados do PAS
funcionario, non se fixo baixo os principios de
obrigatoriedade, boa fe negocial, publicidade e
transparencia ao se impedir a participación das
traballadoras e traballadores do Servizo de
Informática e Comunicacións sen que a Xerencia
motivase de ningún xeito a exclusión. Anúnciolles
que a Xunta de Persoal está a estudar a
interposición de recurso pola vía
contencioso-administrativa. Tamén quero sinalar que
a decisión que consideramos ilegal, tensa, dun
xeito absolutamente innecesario, as relacións entre
o equipo de goberno e a representación das
traballadoras e traballadores.
Nas conserxarías dos centros da universidade
recibiuse un correo electrónico no que se lles
anunciaba a instalación dun sistema electrónico de
control de presenza do persoal de limpeza, un
servizo externalizado.
Na universidade non existen mecanismos de control
para o persoal propio. Neste contexto, considero
discriminatorio e polo tanto improcedente que se
instalen mecanismos deste tipo controlar estes
traballadores e traballadoras
Resposta do xerente:
Respecto da primeira disertación, considera que non
foi nin rogo nin pregunta, a xustificación
proporcionouse en reiteradas ocasións, incluso na
anterior reunión do Consello de Goberno á que a
representación do PAS non asistiu e figura na acta
aprobada nesta sesión.
Respecto da segunda cuestión sinalou que é unha
obriga que o que se licita se leve a efecto, as
institucións teñen a obriga de controlar ao gasto
público. Non se desconfía d@s traballador@s,
trátase de controlar o gasto público.
Ao remitirse á acta aprobada na sesión
transcribimos o que nela se contempla do informe do
xerente.
“O xerente informou sobre a negociación coa
Xunta de Persoal sobre a Oferta de Emprego Público
do persoal de administración e servizos da
Universidade da Coruña para o ano 2017 indicando o
seguinte:
O pasado venres, 24 de marzo, desde a Xerencia
convocouse á Xunta de Persoal para o vindeiro día
30 de marzo ás 11.00 horas, co obxecto de negociar
as seguintes cuestións:
1. Proposta da oferta de emprego público do persoal
de administración e servizos da Universidade da
Coruña para o ano 2017.
2. Proposta de convocatoria de promoción interna do
persoal de administración e servizos da
Universidade da Coruña para o ano 2017.
3. Concurso de traslado do persoal de
administración e servizos da Universidade da Coruña
para o ano 2017.
4. Tratar sobre os temas de acción social,
propostos pola Xunta de Persoal no seu correo
electrónico, enviado á Xerencia, con data do
17-02-2017.
Achegáronse os documentos correspondentes aos tres
primeiros puntos da orde do día.
En cumprimento do acordado o 20 de novembro de 2015
entre as distintas organizacións sindicais e o
reitorado da UDC para o ano 2017, avanzarase na
negociación da OEP para o ano 2017 e na promoción
interna das prazas do Servizo de Informática
Comunicacións (SIC) e do persoal funcionarizado en
2015.
Hai que ter en conta, que de acordo co sinalado no
apartado Un do artigo 12 da Lei 1/2017, do 8 de
febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2017 (DOG núm. 28,
09-02-2017), (“…suxeición aos límites e requisitos
establecidos na normativa básica que se estableza
ao respecto, e en particular, no referente á taxa
de reposición de efectivos,...), non será posible
efectivizar a oferta de emprego público do persoal
de administración e servizos da Universidade da
Coruña para o ano 2017, coa súa conseguinte
aprobación e publicación no Diario Oficial de
Galicia, ata que se aprobe e publique a normativa
básica que estableza os límites e requisitos das
ofertas de emprego público e, en particular, a taxa
de reposición de efectivos.
Esta é, en resumo, a proposta de promoción interna
enviada á Xunta de Persoal:
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript