Maio de 2017
 
 

NÚMERO 355 - 02/05/2017

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL - LOITA SOCIAL
 

Mural xigante contra a onda de asasinatos de activistas sociais colombianos

Como sucedese na década dos 80 cos pactos entre o Estado e sectores da guerrilla, a dereita colombiana volve liquidar fisicamente aos activistas sociais colombianos. No curso dos meses transcorridos do presente ano do 2017, 31 persoas foron mortas de forma violenta por axentes paramilitares ou sicarios da dereita.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Ese é o motivo polo que artistas colombianos pintaron un gran mural de 30 m², nunha das arterias principais de Bogotá , no que se denuncia a onda de crimes que está a ter lugar nese país
 
De acordo coa información que proporciona a axencia española EFE, o graffiti é "un aviso, unha advertencia, unha chamada de atención para que o Estado poña máis atención neste tipo de asasinatos",  di Andrés Montoya, membro do colectivo autor da pintura e recoñecido artista urbano.
 
A obra, cunha gran caveira en negro debuxada sobre un traxe caqui de militar, alerta sobre "o perigo de morte" que pode supoñer formar parte de movementos sociais de desenvolvemento rural, ser líder comunitario ou participar na consolidación dos acordos de paz entre o Goberno e as FARC.
 
A iniciativa da pintada naceu na plataforma de contidos dixitais Pacifista!, un portal da editorial VICE Colombia, que, desde hai máis de tres anos, está comprometido coa nova fase do proceso de paz colombiano.
 
O salto da información dixital á realidade da rúa, segundo Camilo Jiménez, director de VICE Colombia, foi o motor da proposta.
 
"Temos un contador de vítimas en Facebook que tiña boa acollida entre a audiencia pero démonos conta que non tiña incidencia. Había que dar visibilidade ao asasinato de líderes, pensamos que un mural era a mellor estratexia", explica.
 
Coa etiqueta #NiUnMuertoMás, a plataforma Pacifista! quere "chegar a todo o mundo" e sensibilizar sobre esta traxedia que  supón o asasinato dun activista cada catro días.
 
Canarias Semanal



 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript