NÚMERO 355 - 02/05/2017
CUTUDC / Novidades
“Pero se creedes que aforcándonos podedes conter o movemento obreiro, ese movemento constante en que se axitan millóns de homes que viven na miseria, os escravos do salario; se esperades salvación e creédelo, aforcádenos ! Aquí achádesvos sobre un volcán, e alá e acolá e debaixo e á beira e en todas partes fermenta a Revolución. É un lume subterráneo que todo o mina.” (Augusto Spies, 31 anos, o 20 de agosto de 1886, Un dos líderes aforcados en Chicago, EEUU)
A Federación Sindical Mundial
-FSM- , con miras ao Día Internacional do Traballo
do 1º de maio, envía os seus saúdos militantes aos
traballadores de todo o planeta, quen,
comprometidos cos seus sindicatos, loitan pola
satisfacción das súas necesidades contemporáneas.
O primeiro de maio é un fito para os traballadores
de todo o mundo; desde 1886 as reivindicacións dos
traballadores inmigrantes de Chicago seguen sendo
actuais. Hoxe en día, a súa loita segue na batalla
dos traballadores por unha vida e traballo digno,
con dereitos, seguridade, educación e saúde
gratuíta. Como entón en Chicago, cando os
traballadores inmigrantes dos EEUU estaban de pé na
primeira liña das loitas clasistas, tamén agora, os
millóns de traballadores inmigrantes poden, a
través da súa participación activa e militante nos
seus sindicatos, fortalecer as loitas clasistas en
contra da barbarie capitalista.
Este ano estivo marcado polo agravamento das
rivalidades interimperialistas que non só
incrementan a explotación dos pobos, senón tamén
expoñen o risco dunha guerra xeneralizada. Os
acontecementos en África, Oriente Próximo, Asia e
Europa demostran a agresividade do Capital en
contra do movemento obreiro, conducen a miles de
persoas a migrar a fin de escapar das guerras e ao
mesmo tempo a UE e os gobernos dos países de Europa
finxen que queren axudar á supervivencia dos
inmigrantes.
Os traballadores de todo o mundo están preocupados
pola agresividade do goberno estadounidense, dos
países da OTAN e dos seus aliados que, para gañar
novos mercados e desposuír a todos os países das
súas riquezas, bombardean ao pobo de Siria, matan a
nenos en Palestina, empuxan ao pobo de Venezuela a
un conflito civil, ameazan con facer uso de armas
nucleares na península de Corea. Os que hai uns
días lanzaron en Afganistán a bomba non nuclear
máis potente do seu arsenal son os mesmos
imperialistas que apoian e colaboran co goberno de
Ucraína apoiado tamén por fascistas; son os mesmos
que apoian e toleran as políticas de Israel en
Oriente Próximo.
Estas rivalidades internacionais interimperialistas
empeoran aínda máis a situación económica dos
traballadores e dos pensionistas. Hai unha
arremetida xeneralizada contra os salarios e as
pensións, unha ofensiva de privatizacións da
seguridade social, da Saúde e Educación Pública, un
aumento do desemprego, do traballo “negro” e das
limitacións de liberdades sindicais. Neste
contexto, a clase traballadora e os pobos están a
prepararse pola celebración militante do primeiro
de maio de 2017.
A Federación Sindical Mundial, fai un chamamento a
todos os seus amigos e afiliados en cada recuncho
do mundo para que conmemoren por calquera medio e
maneira o Día Internacional dos Traballadores,
unindo as súas voces e gritando:
“Organizamos a nosa loita en contra da barbarie
imperialista, polas necesidades contemporáneas do
pobo e da mocidade, por un mundo sen explotación e
guerras”.
A FSM, en representación de 92 millóns de
traballadores en cada continente do mundo, reitera
a súa solidariedade internacionalista co pobo
heroico de Cuba que será o anfitrión da reunión do
Consello Presidencial da FSM do 3 ao 5 de maio
2017, así como con todos os traballadores do mundo
que loitan en contra da agresividade imperialista.
Neste 2017, despois da celebración do 17º Congreso
Sindical Mundial, a FSM sae fortalecida, con novas
forzas, con novas organizacións e, sobre todo, coas
súas decisións.
Organizamos con maior dilixencia e intensidade a
nosa acción en cada país, en cada continente pola
emancipación da clase traballadora; seguimos a
loita polos nosos dereitos e necesidades en contra
do sistema de explotación que xera pobreza, guerras
e ondas de refuxiados.
Os invencibles non son os inimigos dos pobos,
senón os propios pobos que loitan
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript