NÚMERO 354 - 24/04/2017
CUTUDC / Novidades
Dende Coia, dende Galiza levamos varios días seguido con agarimo a loita polos dereitos sociais de moitas compas en Euskadi. O 24 de marzo varias persoas, apoiadas por numerosos colectivos iniciaban unha folga de fame indefinida en contra dos recortes sociais, e máis en concreto os feitos polo goberno vasco na RGI.
O 10 de abril, facían dezaoito días en folga
de fame. Días nos que están a recibir moitos apoios
que dende aquí desexamos que sirvan para conseguir
as reivindicacións que os levaron a iniciar esta
folga.
Achegamos o texto no que se detallan as razóns
desta acción:
Folga de fame indefinida: NON TRAGAMOS!
Preto dunha decena de persoas decláranse en folga
de fame indefinida baixo o lema ”NON TRAGAMOS”:
desde o 24 de marzo contra os recortes na RGI, o
paro, a precariedade e a miseria.
Hai que ter en conta que a Renda de Garantía de
Ingresos-RGI- é un dereito conquistado a través da
mobilización: ILP, Folga Xeral, múltiples
iniciativas e manifestacións…Produto destas
iniciativas sociais na actualidade máis de 63.000
familias desempregadas, con empregos precarios ou
pensionistas perciben a RGI.
Ante a nula vontade de diálogo do PNV, PSE, PP; e
ante o emprazamento realizado por todos os axentes
sociais e sindicais solicitando a retirada dos
recortes da RGI. 8 persoas inician unha Folga de
Fame co obxectivo de que se retiren os mesmos. A
finalización desta Folga de Fame depende do Goberno
Vasco e a súa vontade de dar marcha atrás na actual
política de recortes.
Desde o ano 2012 PNV, PSE e PP recortaron a contía
da RGI: endureceron os seus requisitos; e
incumpriron sistematicamente as leis que regulan o
seu acceso. Queda claro que as prestacións sociais
non son do gusto da patronal ou as persoas ricas e
poderosas. Por iso queren acabar con elas.
Por todos estes motivos, 8 persoas-xunto a
diferentes colectivos sociais de Bizkaia-
manifestan que “NON TRAGAMOS” coas políticas de
recortes aplicadas ata a data.
Por iso, a partir deste venres 24 de marzo
impulsarase unha Folga de Fame; á vez que se
instala unha carpa como espazo solidario na
céntrica “Praza das Mulleres 25N”, nas proximidades
do Areal bilbaíno, na coñecida “Puente la Naja”;
xunto á estación de Feve “La Concordia”.
A intención é que por este espazo se acheguen a
totalidade de entidades, axentes sindicais,
políticos e sociais que mostraron o seu
rexeitamento aos recortes na RGI: a inaplicación do
incremento do 8% do SMI aos incentivos ao Emprego,
a Renda de Garantía de Ingresos, o Complemento de
Pensións ou as axudas ao aluguer.
Contra o recorte na RGI, contra o paro, a
precariedade e a miseria, NON TRAGAMOS.
A través desta folga de fame preténdese evidenciar
que…
- NON TRAGAMOS co recorte do 7% na contía da RGI
que se mantén desde o 2012.
- NON TRAGAMOS cun Goberno que non cumpre as leis
do seu parlamento, non actualizando a contía da RGI
no 8% que subiu o Salario Mínimo Interprofesional.
- NON TRAGAMOS con utilizar o racismo e a xenofobia
como cortinas de fume para quitar dereitos ao
conxunto da poboación.
- NON TRAGAMOS con tapar a fraude fiscal estendendo
a sospeita cara á xente pobre.
- NON TRAGAMOS coa condena á miseria e a exclusión
para miles de persoas.
- FRONTE A ESTA REALIDADE de recortes esixirase a
PNV, PSE E PP:
_Retirar o recorte do 7% na contía da RGI dos
orzamentos do Goberno Vasco para este 2017.
_Aplicar o incremento do 8% no SMI na RGI, tal e
como obriga a Lei 18/2008.
COLECTIVOS SOCIAIS: Argilan-ESK, Argitan (Centro
Asesor da Muller, Barakaldo), Asociacion de
Traballadoras do Fogar de Bizkaia, Baietz Basauri,
Berri-Otxoak (Barakaldo), Bruxas e Diversas, Danok
Lan (Galdakao), Elkartzen, Mulleres do
Mundo/Munduko Emakumeak, Pousada dos Abrazos, SOS
Racismo e PAH Bizkaia-Kaleratzerik EZ!
OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS_COIA
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript