Abril de 2017
 
 

NÚMERO 354 - 24/04/2017

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Situación actual

Despois de que o pasado día 17 o DOG publicase a RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017 pola que se convoca o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos. A Xerencia convoca á Xunta de Persoal este luns, día 24 a unha para debater sobre a Oferta de Emprego Público do ano 2017 que, como ocorreu coa de 2016 contemplará, esta vez agardamos que sen sorpresas, tanto as promocións como as prazas de acceso libre.

 

  • Noticias relacionadas

 

Se ben o concurso de traslados cumpre un dos acordos alcanzados coa Xerencia e reitor pois as bases correspóndense coas do concurso de traslados de 2014, o reitor e xerente, como era de agardar, e sen xustificación ningunha exclúen da convocatoria todas as vacantes do Servizo de Informática e Comunicacións, feito que, como sinalamos en múltiples ocasións, representa un flagrante incumprimento do regulamentado na Lei do Emprego Público.
 
Como vos informamos as “medidas en materia de redución do emprego temporal” acordadas entre o Ministerio e os sindicatos maioritarios, que se marcan como obxectivo a redución da taxa de temporalidade a límites inferiores ao 8%, non afectarán á Oferta de Emprego Público deste ano pois a taxa de temporalidade, despois dos condicionantes aceptados polos sindicatos e segundo a información do Ministerio establécese , nas universidades galegas, no 3,3%, considerando o Ministerio que o obxectivo está (sobradamente) cumprido.
 
Unha vez comprobada esta circunstancia, agora si corresponde negociar a Oferta de Emprego Público sen esquecer outras cuestións tan importantes  como as propostas xa realizadas en melloras sociais...

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript